A dos octocoraliarios,[1] cientificamente Octocorallia, tamén coñecidos como alcionarios (Alcyonaria),[2] é unha subclase de cnidarios da clase dos antozoos.[3]
A subclase foi descrita en 1866 polo filósofo e biólogoalemánErnst Haeckel,[3] na súa obra Generelle Morphologie der Organismen: allgemeine Grundzüge der organischen Formen-Wissenschaft, mechanisch begründet durch die von Charles Darwin reformirte Descendenz-Theorie.
Estes organismos teñen un esqueleto interno calcario segregado pola mesoglea e pólipos con oito tentáculos.
Como ocorre con todos os cnidarios teñen un ciclo de vida complexo que inclúe unha fase móbil (que se considera como parte do plancto) e unha fase sésil característica posterior.
Rexistro fósil
Os octocoraliarios existiron polo menos desde o ordovícico, como mostran os achados de Maurits Lindström na década de 1970.[6] Porén, traballos recentes demostran que posibelmente datan do cámbrico.[7]