O termo gorgonia é, así mesmo, o nome común xenérico para referirse a calquera especie de octocoral con esqueleto córneo, incluídas nas subordes Calcaxonia, Holaxonia ou Scleraxonia.
Aínda que algunhas especies deste xénero, como Gorgonia flabellum ou G. ventalina, son quizais as máis coñecidas popularmente, e de aí provén o nome común xenérico.
Características
A estrutura das especies deste xénero é ramificada, na maioría delas en forma de abano, e crecen nun só plano. Forman estruturas en forma de redes interconectadas, compostas de pequeas poliñas fusionadas en mallas apertadas.
A cor da estrutura, que fai as veces de esqueleto, é púrpura, branca ou morada.
Os pólipos, normalmente de cor marrón, amarela ou dourada, crecen aliñados nas pólas, tamén nun só plano e espazados regularmente. Os dalgunhas especies liberan terpenoides que afectan negativamente a outros corais,[4] sendo en ocasións, unha arma para competir polo espazo e a luz nos arrecifes coralinos.
Algunhas especies alcanzan os 2 m de altura, por outros tantos de ancho.
Hábitat e distribución
Hábitat
Adoitan habitar en arrecifes, coa súa base enterrada no substrato, en solosareosos ou gretas de rochas, entre 1 e 895 m de profundidade,[2] aínda que son máis frecuentes entre os 2 e os 15 m.
As especies do xénero Gorgonia conteñen no seu interior algassimbióticas chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese, producindo oxíxeno e glícidos que son aproveitados poas gorgonias, e que se alimentan dos catabólitos das gorgonias (especialmente fósforo e nitróxeno). Porén, alimenténtanse tanto dos produtos que xeran estas algas (entre un 75 e un 90 %) como das presas do microplancto, que capturan cos seus minúsculos tentáculos.[6]
↑Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Neptune City, Nova Jersey, USA: TFH Publications, Inc. ISBN 978-1-8900-8747-0.