Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Nitro.
Nitro foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago R, ONO, Canal+, Euskaltel e Imagenio en España. Comezou as súas emisións o 23 de agosto de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014. A programación estaba orientada ao público masculino.[1] A canle está orientado ao público masculino, con series que tiveron éxito na súa emisión na cadea matriz (Antena 3), redifusións, espazos de produción propia, humor, deporte, como a Fórmula 1 e Pelota vasca e cine.
Historia
As súas emisións en probas comezaron o 2 de agosto de 2010 ás 8:00 (UTC+2). Durante 3 semanas, Nitro emitiu un bucle continuo co avance da súa programación.
O 23 de agosto de 2010 ás 13:30 pasadas comezaron as súas emisións regulares[2] coa emisión da serie Pacific Blue.
O 20 de agosto de 2010 a canle incorporouse ao dial 43 do operador de pago ONO, aínda co seu bucle de probas, pois non inicio emisións ata o luns 23 de agosto de 2010 ás 13:30h.
O 12 de maio de 2011 estrea en televisión en primicia mundial a serie de 13 episodios Justicia extrema, protagonizada e dirixida por Steven Segal.
O 14 de xullo de 2011 a canle incorporouse ao dial 97 do operador de pago Canal+.
O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 36 do operador de pago Imagenio.
Fin das emisións
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[3][4][5]
Audiencias
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[6] Están en letra grosa e amarelo os meses en que foi líder de audiencia.
|
Xaneiro
|
Febreiro
|
Marzo
|
Abril
|
Maio
|
Xuño
|
Xullo
|
Agosto
|
Setembro
|
Outubro
|
Novembro
|
Decembro
|
Media anual
|
2010 |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
1,3% |
1,2% |
1,1%** |
1,2% |
1,2%
|
2011 |
1,1% |
1,4% |
1,3% |
1,3% |
1,3% |
1,3% |
1,6% |
1,7% |
1,5% |
1,5% |
1,4% |
1,4% |
1,4%
|
2012 |
1,5% |
1,5% |
1,6% |
1,5% |
1,5% |
1,5% |
1,8% |
1,6% |
1,5% |
1,5% |
1,6% |
1,7% |
1,5%
|
2013 |
1,6% |
1,7% |
1,8% |
1,7% |
1,7% |
1,6% |
1,8% |
2,0%* |
1,8% |
1,6% |
1,7% |
1,6% |
1,7%
|
2014 |
1,6% |
1,6% |
1,7% |
1,7% |
1,5% |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
1,6%
|
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.
- O 20 de novembro, Nitro conseguiu o seu récord histórico cun gran 2,8% de cota de pantalla en todo o día.
Notas
Televisión en España |
---|
Cadeas xeralistas | |
---|
TDT | |
---|
Desaparecidas | |
---|
Operadores de pago | |
---|
Cadeas autonómicas | |
---|