ONO adquiriu diversas empresas de telecomunicacións, sendo a compra máis importante a de Auna en novembro de 2005, para converterse na empresa de cable máis importante de España[Cómpre referencia]. Úneselle ademais o servizo de telefonía móbil, e abrangue a licenza de OMV grazas a un acordo con Telefónica.
Presidida durante moitos anos por Eugenio Galdón, en 2008 foi substituído polo galegoXosé María Castellano.
No ano 2014 tras comprar Vodafone España o grupo Ono por 7200 millóns de euros, Antonio Coimbra, conselleiro delegado de Vodafone España, converteuse en conselleiro delegado de Ono.[2]
Notas
↑Aviso Legal. Páxina web de Ono. Recuperada o 28 de xullo de 2015 (en castelán).