- Non confundir co Estadio Internacional de Iocoama.
O Nissan Stadium é un estadio situado na cidade de Nashville, Tennessee (Estados Unidos). Inaugurado en 1999, é propiedade do Goberno Metropolitano de Nashville e Condado de Davidson. O seu uso principal é o fútbol americano, sendo o estadio local dos Tennessee Titans da National Football League (NFL) e dos Tennessee State Tigers da liga universitaria (NCAA). Alén do fútbol americano, tamén é utilizado para albergar grandes concertos, como por exemplo os do CMA Music Festival durante catro días de xuño. O Nissan Stadium está situado na beira leste do río Cumberland, e ten capacidade para 69.143 espectadores. O seu primeiro evento foi un partido de pretemporada entre os Titans e os Atlanta Falcons o 27 de agosto de 1999. Desde a súa apertura en 1999 foi coñecido por diferentes nomes, incluído Adelphia Coliseum desde 1999 até 2002, The Coliseum desde 2002 até 2006 e LP Field desde 2006 até 2015.
Véxase tamén
Outros artigos