Niklot Klüßendorf, nado en Hamburgo, o 10 de febreiro de 1944, é un arquiveiro, historiador e numismático alemán, especialista na historia do diñeiro medieval e moderna.
Traxectoria
Logo de graduarse de ensino secundario no Wilhelm-Hittorf-Gymnasium de Münster, Klüßendorf cursou entre 1965 e 1972 estudos superiores de Historia, Ciencias Auxiliares Históricas, Inglés e Folclore na Universidade de Münster, e en 1973 acadou o seu doutoramento en Historia Medieval na mesma universidade.[1][2]
Klüßendorf ingresou no Servizo de Arquivos en 1972, inicialmente en Detmold. En 1974 aprobou o exame estatal de arquiveiros en Marburgo e pasou a exercer no Arquivo Estatal de Hessen, e entre 1980 e 1999 foi profesor adxunto na Escola de Arquivos de Marburgo.[1][2]
De 1980 a 2006 traballou tamén como conselleiro académico superior na Oficina Estatal de Historia Rexional de Hessen en Marburgo, na área de Numismática e ocupándose principalmente dos achados monetarios, e en 1986 acadou a habilitación docente nesta materia. En 1992 foi nomeado profesor adxunto de Numismática e Historia Monetaria na Universidade Philipps de Marburgo.[1][2]
O interese das súas investigacións céntrase na historia do diñeiro e da circulación monetaria na Idade Media e na Idade Moderna, así como a historia rexional comparada.[3]
Klüßendorf foi representante do Estado de Hessen na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña entre 1980 e 2006, e o seu segundo presidente de 1991 a 1999. Tamén é membro de diversas comisións históricas territoriais.[2][4] En 2020 foi nomeado membro honorífico do Centro de Estudos Martino Martini, da Universidade de Trento.[5]
En 2002, Klüßendorf comezou a participar no Comité Internacional de Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), no marco do Consello Internacional de Museos (ICOM), e foi especialmente activo nos relatorios das conferencias anuais na China (2002 e 2010) e en Corea do Sur (2004).[6]
Recoñecementos
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Klüßendorf ao longo da súa traxectoria:[11][12][13]
- (1975). Der Aachener Wechslerprozess. Städtische Münzpolizei und Devisenschmuggler im Spätmittelalter. Numismatischer Verlag Schulten, Frankfurt. ISBN 3-921302-11-0
- (1982). Die Münzfundpflege im Lande Hessen. Eine Einführung in Aufgaben und Arbeitsweise. Landesamt für Denkmalpflege Hessen, Wiesbaden.
- (1995). Der Heller in Hessen. Numismatische Fundhorizonte des Hoch- und Spätmittelalters. Abt. Archäologische und Paläontologische Denkmalpflege im Landesamt für Denkmalpflege Hessen, Wiesbaden.
- (2006). Münzfundbericht des Hessischen Landesamtes für geschichtliche Landeskunde Marburg, Nr. 9: 1997 bis 2005. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3115-1
- (2009). Münzkunde. Basiswissen. Verlag Hahnsche Buchhandlung, Hannover. ISBN 978-3-7752-6135-7
- (2012). Kleine Münz- und Geldgeschichte von Hessen in Mittelalter und Neuzeit. Historische Kommission für Hessen, Marburg. ISBN 978-3-942225-16-8
- (2015). Numismatik und Geldgeschichte. Basiswissen für Mittelalter und Neuzeit. Verlag Hahnsche Buchhandlung, Peine. ISBN 978-3-7752-5968-2
- (2016). Das Notgeld der Stadt Melsungen seit 1917. „Behelf“ und „Ware“ als zwei Seiten der Medaille. Marburg. ISBN 978-3-88964-216-5
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Prof. Dr. Niklot Klüßendorf". Die Historische Kommission für Mecklenburg (https://hiko-mecklenburg.de)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Klüßendorf, Niklot". En Braunschweigische Wissenschaftliche Gesellschaft. Jahrbuch 2003. J. C Ramer Verlag. Braunschweig, 2004. Páxinas 91- 92.
- ↑ "Prof. Dr. Niklot Klüßendorf". Die Historische Kommission für Mecklenburg (https://hiko-mecklenburg.de)
- ↑ 4,0 4,1 "Bundesverdienstkreuz für Professor Niklot Klüßendorf". Philipps-Universität Marburg.
- ↑ "Professor Niklot Klüßendorf Ehrenmitglied des Centro Studi Martino Martini der Universität Trento". Phipps Universität Marburg.
- ↑ "Programme. Monday, October 4". ICOMON 2004 Seoul, Korea (http://icomkorea.org/icom2004)
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Liste der Preisträger". Braunschweigische Wissenschaftliche Gesellschaft.
- ↑ Véxase, en Bibliografía: Cunz, R.; Polley, R.; Röpcke, A. (Hrsg.) (2004).
- ↑ "Archivars-Festschrift Klüßendorf". Archivalia (https://archivalia.hypotheses.org/)
- ↑ "Klüssendorf, Niklot 1944- Arquivado 12 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Klüßendorf, Niklot". Regesta Imperii.
- ↑ "Niklot Klüßendorf (*1944). Schriftenverzeichnis". Coingallery.de
Véxase tamén
Bibliografía
- Cunz, R.; Polley, R.; Röpcke, A. (Hrsg.) (2004). Fundamenta Historiae. Geschichte im Spiegel der Numismatik und ihrer Nachbarwissenschaften. Festschrift für Niklot Klüßendorf zum 60. Geburtstag am 10. Februar 2004. Schmidt, Neustadt a. d. Aisch. ISBN 3-87707-624-6