Nike Apache foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido nos anos 1950 usando unha primeira etapa Nike e unha segunda Apache. Con 217 kN de impulso, podía elevar 36 kg de carga útil a 200 km de altura. Foi un dos foguetes sonda máis populares, con 893 lanzamentos no momento da súa posta fora de servizo.[1]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Mark Wade (2023). "Nike Apache" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2023.
Véxase tamén
Outros artigos