Os romanos fundárona no ano 118 a.C., baixo o nome de Colonia Narbo Martius. Estaba situada na vía Domitia, o primeiro camiño romano na Galia, que permitía enlazar Italia e España. Narbona era a capital da Narbonense, provincia romana creada na mesma época. Foi ata o fin do Imperio romano unha das cidades máis importantes da Galia cunha superficie de máis de 2 km². No ano 462, Narbona foi integrada ao reino visigodo de Tolosa ata o 718, que foi ocupada polos musulmáns que viñan de España ata o 759. Logo desta data, Narbona quedou definitivamente dentro do reino dos francos.
Administración
Narbona é a capital de tres cantóns:
O cantón de Narbona Leste, formado por unha parte de Narbona (16.851 habitantes).
O cantón de Narbona Oeste, formado por unha parte de Narbona e dos municipios de Bizanet, Canet, Marcorignan, Montredon-des-Corbières, Moussan, Névian, Raissac-d'Aude e por Villedaigne (21.459 habitantes).
O cantón de Narbona Sur, formado por unha parte de Narbona e polo municipio de Bages (16.043 habitantes).