Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Nablus (en árabe: نابلس) Nāblis ou Nāblus, evolución do grego Neapolis “Cidade Nova“; a bíblica Siquem. denominada Yabal an-Nār „Monte do lume“) é unha cidade de Palestina con cerca de 100.000 habitantes. Está asentada nun extenso val entre dúa montañas (árabe: Ibāl e Xirzim, citados na Biblia como Ebal e Garizim), a uns 62 km ao Norte de Xerusalén.
A cidade foi fundada no ano 72 d.C. polos romanos, que lle deron o nome de Flavia Neapolis, en honra da nova dinastía dos Flavios, pois naquela altura gobernaba en Roma o emperador Vespasiano. O lugar situábase arredor de dous quilómetros ao Leste da antiga cidade biblique de Siquem.
Conquistada a cidade polos árabes en 636, o nome foi adaptado por eles como Nablus (نابلس). Os cruzados rebautizárona como « Naples » (e xustamente o "Naples" ou "Nápoles" italiano deriva tamén dun anterior « Neapolis »). Converteuse, durante esa época, nun dos maiores centros do Reino de Xerusalén, até a súa destruzón en 1202. Posteriormente foi reconstruída de novo polos árabes.
*Dende xuño de 2007, a Franxa de Gaza está de facto baixo ogoberno de Hamas ** Controlada por Israel desde 1967, considerándoa parte integral deXerusalén