Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde decembro de 2017.)
Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Eliminar lista arbitraria e engadir redacción enciclopédica con referencias
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.(Desde decembro de 2017)
A música irlandesa é un termo co que se coñece a un conxunto de xéneros musicais que tiveron ou teñen presenza na illa de Irlanda.
A música orixinaria da illa é a que se coñece como música tradicional irlandesa, que se mantivo con gran vitalidade e ben conservada a pesar das forzas da globalización cultural. Os séculos XX e XXI supuxeron o rexurdir definitivo deste tipo de música, que a pesar da emigración e da forte influencia do Reino Unido e dos Estados Unidos, soubo manter as súas raíces con poucas influencias externas. De feito, a música tradicional de Irlanda tivo un papel moi importante no desenvolvemento da música country nos Estados Unidos.
Na actualidade, son frecuentes as fusións deste tipo de música co Rock and roll, o punk, o folk metal e outros xéneros.