Mystic River
Mystic River é un filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood que se estreou no 2003. Baséase na novela Mystic River de Dennis Lehane. Estreouse en galego na TVG o 31 de maio de 2009.[2] Foi traducido ó galego por Rosa Camiña.[3] SinopseCando Jimmy Markum (Sean Penn), Dave Boyle (Tim Robbins) e Sean Devine (Kevin Bacon) eran uns nenos que medraban xuntos nun perigoso barrio obreiro de Boston, pasaban os días xogando na rúa. Pero, un día, a Dave ocorreulle algo que marcou para sempre a súa vida e as dos seus amigos. Vinte e cinco anos máis tarde, outra traxedia vólveos unir: o asasinato de Katie (Emmy Rossum), a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que é policía, asígnanlle o caso; pero tamén ten que estar moi pendente de Jimmy porque, na súa desesperación, está intentando tomarse a xustiza pola súa man. Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|