Naceu no Barrio San Nicolás, departamento de Retalhuleu, nunha familia con ascendencia chinesa. Estudou antropoloxía no Reino Unido na Universidade de Mánchester e na Universidade de Durham.
Ao seu regreso a Guatemala dedicouse a dirixir o traballo de campo en varias comunidades rurais desarraigadas pola guerra civil dese país centroamericano. En 1986 en conxunto con algúns compañeiros e colegas de Inforpress Centroamericana, funda a Asociación para el Avance de las Ciencias Sociales.
Morte
Foi asasinada fronte á súa oficina na Cidade de Guatemala, acoitelada 27 veces, por un escuadrón da morte das Forzas Armadas de Guatemala (supostamente creado pola Escola das Américas) baixo o réxime do demócrata cristián Marco Vinicio Cerezo (presidente entre 1986 e 1991). En abril de 2004, despois dun xuízo dirixido pola Corte Interamericana de Dereitos Humanos e grazas á tenaz actividade da súa irmá Helen Mack, o goberno de Guatemala recoñeceu publicamente que os seus axentes cometeran o asasinato e implementaron medidas de reparación á súa familia.
Vida persoal
O 16 de novembro de 1973 nace a súa filla Lucrecia Hernández Mack,[1] que en 2016 converteuse na primeira muller á fronte do Ministerio de Saúde de Guatemala.[2]
Fundación Myrna Mack
En 1993, a súa irmá Helen Mack creou a Fundación Myrna Mack, na súa memoria. A institución foi financiada inicialmente cos fondos provenientes do Right Livelihood Award, coñecido como o premio Nobel Alternativo da Paz outorgado a Helen en decembro de 1992. A fundación traballou inicialmente para esclarecer o asasinato de Myrna Mack e o doutros desaparecidos por mor da guerra civil de Guatemala.[3] Na actualidade ten como obxectivo contribuír á construción do Estado Democrático de Dereito neste país.[4]
"Mack v. Guatemala"(PDF). Corte Internacional de derechos humanos. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 16 de febreiro de 2006. Consultado o 22 de setembro de 2014.