Polo xeral, as mulleres están infrarrepresentadas nos campos da enxeñaría, na academia e na profesión de enxeñaría, aínda que moitas fixeron importantes contribucións aos diversos campos da enxeñaría.[1]
Historia
A historia de mulleres como deseñadoras e construtoras de máquinas e estruturas fixo posible o desenvolvemento da enxeñaría como comercio. Con anterioridade á creación do termo "enxeñeiro", no século XI, as mulleres contribuíran ao adianto tecnolóxico de sociedade, por exemplo Hipatia de Alexandria (350 ou 370–415 ) a inventora do densímetro. No século XIX, as mulleres que participaron na enxeñaría a miúdo tiveron formación académica en matemáticas ou ciencia, como por exemplo Ada Lovelace Nos primeiros anos do século XX, as mulleres empezaron a ser admitidas en programas de enxeñaría.
En Europa as primeiras mulleres en lograr o grao de enxeñeira foron Rita de Morais Sarmento en 1894, Agnes Klingberg e Betzy Meyer Den Polytekniske Læreanstalt en 1897, Alice Perry en 1906 e Elisa Leonida Zamfirescu en 1912. En España a primeira muller en obter o grao foi Pilar Careaga en 1929.
A entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial creou unha escaseza de persoal de enxeñaría naquel país porque os homes incorporáronse as forzas armadas. Para mitigar esta escaseza xurdiron iniciativas como a de General Electric para dar formación en enxeñaría a mulleres con graos en matemáticas e física, ou o programa Curtiss-Wright.[3] As mulleres xogaron un papel crucial en programar o ENIAC durante a Segunda guerra mundial, onde desenvolveron as bases da programación de ordenadores: crearon a primeira biblioteca de rutinas e as primeiras aplicacións de software.[4]
En Galicia cómpre sinalar o labor de pioneiras da enxeñería como Carmen Tuñón Álvarez, a primeira enxeñeira técnica naval pola Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Naval de Ferrol en 1972 e a primeira muller analista xefe en Astano, un dos estaleiros máis importantes do mundo.[5][6]
Factores da baixa participación feminina
Estereotipos de xénero
Os estereotipos de xénero poden contribuír á baixa representación de mulleres en enxeñaría. Nunha idade temperá, as mozas non expresan o mesmo nivel de interese en enxeñaría como mozos, posiblemente debido aos roles de xénero[7].
Índices de enxeñeiras nos distintos graos
As mulleres son minoría nos estudos de enxeñaría. O grao de disparidade varía dependendo da enxeñaría. As mulleres tenden a interesarse máis en enxeñaría agrícola e ambiental. Están, polo tanto, ben representadas en programas ambientais e biomédicos, recibindo 40-50% dos graos que outorgou Estados Unidos en 2015. Porén, as mulleres obteñen menos graos en enxeñaría mecánica, eléctrica e informática.[8]
En España hai poucas rapazas cursando carreiras relacionadas coa enxeñaría, industria e construción (28,5%) ou en Informática (12,9%).[9] En Galicia a situación é similar,[10] e varía dependendo da enxeñaría.[11][12]
Cultura de enxeñaría
Outra razón posible para explicar a baixa participación feminina en campos de enxeñaría é a prevalencia dos valores masculinos nos lugares de traballo propios das enxeñarías.
A comunicación tamén pode contribuír á división entre homes e mulleres no lugar de traballo.
Outro factor prexudicial é a falta de referentes femininos neste ámbito. Se pensamos en mulleres enxeñeiras que contribuíron a cambiar o mundo no que vivimos, cantas somos capaces de citar de forma espontánea? Sen dúbida, existen destacadas achegas científicas das mulleres, pero o seu traballo foi descoñecido e silenciado durante décadas. Se damos visibilidade a todas estas mulleres, as adolescentes contarán con referentes femininos que lles servirán de exemplo e inspiración.[13] En Lugo para visibilizar as mulleres no ámbito da enxeñería puxeron en marcha o Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñería e Muller Rural, convocado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
Organizacións profesionais que promoven mulleres en enxeñaría
↑Bix, Amy Sue, "'Engineeresses' Invade Campus: Four decades of debate over technical coeducation." IEEE Technology and Society Magazine, Vol. 19 Nr. 1 (Spring 2000), 21.
↑Yoder, Brian L. (2015). "Engineering by the Numbers"(PDF). American Society for Engineering Education. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 22 de outubro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2020.