San Vicente de Mourulle é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2021 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).
Historia
En rigor, a parroquia non conta con ningún núcleo, posto que o seu único lugar, Mourulle, foi anegado polas augas do encoro de Belesar no Nadal de 1962. Moitos veciños instaláronse no lugar de Friamonde, na parroquia de San Xián de Insua, a escasos quilómetros.
Tamén a poucos quilómetros atopábase a Ponte Mourulle construída despois da guerra civil utilizando presos políticos como man de obra. Foi logo bautizada como Ponte Fortes, en homenaxe ao comerciante taboadés que máis impulso lle deu. Permitía cruzar o río na estrada entre Rubián e Palas, sendo a única ponte entre Portomarín e Chantada, e foi igualmente anegada co encoro. En 1967 construíuse a nova ponte, uns metros máis abaixo, coñecida como Ponte Mourulle ou, popularmente, Ponte dos Parafusos.[2]
Mourulle deu nome tamén á paraxe onde se construíu o club náutico municipal en 1999.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de Mourulle entre 2000 e 2020 |
|
Datos segundo o IGE.[3]
|
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Mourulle
Parroquias de Taboada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos