Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Moreda.
Santa María de Moreda é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 88 habitantes (42 homes e 46 mulleres), 31 menos ca no ano 1999. Están distribuídos entre 10 entidades de poboación, cunha densidade media de 32'5 hab/km².
Xeografía
Pertence ao arciprestado de Insua e Taboada. Limita ao norte con Bembibre e Couto, ao sur con Gondulfe e Campo, ao leste con Carballo e ao oeste con Frade e Gondulfe.
Patrimonio
O castro de Moreda, cuxo estado de conservación non pode ser avaliado xa que non se realizou ningunha escavación oficial. Sábese que o castro sufriu o espolio das súas pedras, sendo doado atopalas noutras edificacións e conxuntos arquitectónicos da zona. O castro está situado nun outeiro (570 m sobre o nivel do mar) con fortes pendentes. A entrada do castro sitúase con toda probabilidade na parte nordeste, xa que é a única de fácil acceso.
A igrexa parroquial de Santa María de Moreda é de orixe medieval.
A casa-torre de Moreda foi patrucial dos Camba e os Montenegro, ademais de situarse alí o cárcere xurisdicional no soto a finais do século XIX, aínda se conservaba o cepo dos encadeados.
Festas
A festa parroquial celebrase o día 15 de agosto.
Galería de imaxes
-
Igrexa de Moreda.
-
Casa Torre de Moreda.
-
Casa Torre de Moreda.
Lugares e parroquias
Lugares de Moreda
Parroquias de Taboada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos