Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Meixonfrío.
Santa Mariña de Meixonfrío é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 94 habitantes, deles 47 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 108 habitantes. En 2017 segundo o INE tiña 71 habitantes, 38 mulleres e 33 homes.
No lugar de Vila naceu a escritora Ana Vila Portomeñe.
Toponimia
O topónimo deriva do latín mansio + frigidus, mesón frío [2].
Xeografía
A parroquia de Meixonfrío está situada no norte do concello de Taboada. Sofre un elevado grao de despoboamento e envellecemento da poboación.
Historia
En tempos houbo un cuartel da Garda civil e unha capela que estaban situados no lugar do Curro.
Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Meixonfrío é do século XII, está no lugar de Meixonfrío.
Festas
As festas patronais na honra de San Xoán e San Romao son os días 29 e 30 de agosto. En tempos había gran devoción ao santo, que dicían que era milagreiro para cos que padecen a doenza da reuma. O campo da festa está situado na marxe dereita da N-540 de Lugo a Ourense, en dirección a Ourense.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Meixonfrío
Parroquias de Taboada
Véxase tamén
Outros artigos