Monmouth (en galésTrefynwy) é unha pequena cidade no sueste de Gales, a 3 quilómetros da fronteira con Inglaterra. É a capital do condado de Monmouthshire, con algo menos de 9.000 habitantes. O río Wye e o río Monnow reúnense en Monmouth.
Historia
Os romanos construíron unha pequena fortaleza á que chamaron Blestium, pero poucas persoas vivían na área despois da caída do Imperio. Co tempo os normandos construíron un castelo con vistas ao río Monnow, despois de conquistar Inglaterra en 1066.
Monmouth era ben coñecido no século XIV pola produción local de "Monmouth cap" - unha especie de chapeu moi usado polos soldados, mariñeiros e demais. Tamén se fixo famoso a finais do século XVIII, cando personaxes tales coma o almirante Nelson, e moitos poetas e pintores, foron visitar o fermoso val de Wye, que se atopa nas proximidades. A cidade tamén ten unha famosa "escola pública", a Escola de Monmouth, que foi fundada en 1615.
En 1840, redactouse en Monmouth, polos Cartistas, un importante ensaio que propuña que máis xente debería poder votar nas eleccións.
Un dos primeiros fabricantes de automóbiles en Gran Bretaña, Charles Rolls, fundador de Rolls Royce, naceu nos arredores da cidade. Faleceu nun accidente de avión en 1910 á idade de 33 anos, hai unha estatua del no centro da cidade.