Moncho Borrajo
Ramón Borrajo Domarco, nado en Baños de Molgas o 24 de decembro de 1949, é un humorista, dramaturgo e pintor galego, máis coñecido como Moncho Borrajo. TraxectoriaAo entrar na adolescencia marcha cos seus pais, Ramón e Donigna, a Vigo, a estudar o bacharelato. Aos 14 anos comezou a escribir poemas, e con 16 marchou a Valencia para estudar Arquitectura. Alí destaca como debuxante, e abandona a carreira e pásase a estudar Arquitectura técnica e despois Belas Artes na escola San Carlos de Valencia. En 1970 gañou un premio de debuxo na universidade e participou nalgúns certames de debuxo como o que levaba o nome de Joan Miró. A partir desete momento realizou distintas exposicións de debuxo e pintura, ao longo de toda a súa traxectoria. A principios dos anos setenta realiza diversas actuacións como cantautor dentro do xénero da protesta política, interpretando temas en galego, castelán e valenciano. En 1972 recibiu o 2º premio nun concurso de canción universitaria. En 1976 recibiu a medalla ao Mérito artístico concedida polo Ministerio de Información e Turismo. En Valencia fundou a biblioteca do Centro Galego e mais un grupo de baile tradicional na mesma entidade. En 1985 deixou a música e subiu por primeira vez ós escenarios como humorista e dramaturgo, e acadou axiña fama como monologador, co que realizou diversas xiras por teatros de España. En 1991 volveu pintar e foi seleccionado para algunhas exposicións colectivas como a mostra BMW ou a Mostra Unión Fenosa. A partir do ano 2001, con Markitis, inicia unha serie de textos teatrais para diversos personaxes que nalgúns casos dirixe el mesmo (Markitis e Terapia a las seis, de 2004) e noutros unicamente escribe, como con Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Dentro dese proceso merca o teatro Amaya de Madrid, onde estrea as súas producións. Ademais, ten traballado como actor de dobraxe nas versións españolas de Mira quen fala e Mira quen fala tamén e ten escrito artigos para o xornal Las Provincias. En 2006 decide xubilarse dos escenarios[1] coa obra Despedida y cierre, e con ela está de xira ata 2009. Nese ano, o 14 de febreiro deu a súa última actuación no Coliseum da Coruña[2]. ObraEspectáculos![]()
Literatura en castelán
Literatura en galego
Premios e legadoHai unha estatua que o reproduce na praza do Humor da Coruña. É fillo predilecto de Baños de Molgas, e na antiga estación desta localidade hai unha biblioteca que naceu duns 5000 libros seus. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|