Nela non existe a división de poderes. Aínda que a administración da xustiza poida ter unha autonomía relativa en relación ao rei ou existan institucións parlamentarias, o monarca absoluto pode cambiar as decisións e os ditames dos tribunais en última instancia ou reformar as leis á súa vontade ("a palabra do rei é lei"). Nomea e retira os seus asistentes no goberno segundo a súa vontade. A unidade de todos os poderes adoita considerarse xustificada por estimar que a fonte do poder é Deus e que os monarcas exercen a soberanía por dereito divino. Non existen mecanismos polos que o soberano (que non recoñece superiores) responda dos seus actos.
Un dos exemplos máis claros de monarca absoluto é o rei francés Lois XIV, que gobernou Francia dende 1643 ata 1715. A frase «L'État, c'est moi» ("O Estado son eu") foi pronunciada por el o 13 de abril de 1655 cando tiña dezaseis anos,[8] aínda que podería ser unha retorcedura da cita «O ben do Estado é a Gloria do Rei».[9] Porén, antes de falecer en 1715 dixo «Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours» ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").[10] O monarca de Francia posuía os poderes executivo, lexislativo e xudicial.[11]
O Reino de Dinamarca e Noruega foi unha monarquía electiva dende os seus comezos en 1524 ata 1660, cando Frederico III declarou un estado de emerxencia para meter presión ao primeiro estamento, que estaba en contra da proposta do segundo e do terceiro estamento de cambiar a monarquía.[12] Tamén se anulou o documento Haandfæstning[13] e en 1665 escribiuse unha lei que apoiaba o absolutismo chamada Lei Real (Kongeloven); esta outorgaba ao rei poderes ilimitados e considerábao "a cabeza máis grande e alta na Terra, superior a todas as leis humanas".[14][15]
O Imperio Sueco foi unha monarquía constitucional dende a súa fundación. Dende 1634, o rei debía tomar consellos do Consello Privado de Suecia. Durante a Guerra Escanesa, había conflitos internos no consello e o rei gobernou máis ou menos sen atendelos. Nunha asemblea de 1680 preguntoulles aos estados se seguía no consello, ao que estes responderon que el "non dependía de ninguén, senón de si mesmo", o que deu lugar á monarquía absoluta.[16] O Riksdag proclamouno como o único gobernante do país.[17] Continuou cos seus fillos Carlos XII e Ulrica Leonor; esta última tivo que abolir o absolutismo en 1718.[18]
De acordo á lei básica aprobada por orde real en 1992, o rei debe obedecer a xaría e o Corán. Este e a Sunna son a constitución do país, sen ningunha modificación, e é o único estado árabe que non tivo eleccións nacionais dende a súa fundación. Os partidos políticos e as eleccións nacionais están prohibidas[24] e segundo o índice de democracia de 2010 publicado na revista británica The Economist, o goberno saudita é o réxime máis autoritario entre os 167 países clasificados.[25]
Brunei
O país é gobernado por un sultán e posúe o cargo de primeiro ministro, ministro de Defensa e ministro de Economía.[26] Posúe unha constitución escrita de 1959.[27]
O sultán é a máxima autoridade do país aínda que lle deu algúns poderes ao parlamento.[30] Ocupa de facto os cargos de primeiro ministro, ministro de Asuntos Exteriores e ministro de Defensa. Outra persoa posúe o título de viceprimeiro ministro do consello de ministros.[31]
Qatar
Qatar é unha xurisdición do dereito continental; non obstante, aplícase a xaria a aspectos como a familia, as herdanzas e os actos criminais.
Kolonitskii, Alexander (2001). Interpretar la revolución rusa: el lenguaje y los símbolos de 1917(en castelán). Universitat de València. p. 272. ISBN9788470308543.