A anterior moeda de 5 centavos Shield, tamén de cuproníquel, amosara problemas de produción durante moito tempo e, a principios da década de 1880, o gravador xefe da Casa da Moeda, Charles Barber, recibiu instrucións de preparar o deseño dunha nova moeda de 5 centavos. Logo de aprobado o modelo proposto, a nova moeda entrou en produción en 1883. Durante case trinta anos producíronse grandes cantidades de moedas con este deseño para satisfacer a demanda comercial, sinaladamente á medida que se popularizaban as máquinas que funcionaban con moedas.
Aínda que oficialmente non se cuñaron moedas de 5 centavos coa cabeza da Liberdade en 1913, coñécese a existencia de cinco exemplares. Non se sabe con certeza como se orixinaron estas pezas, que están entre as máis raras e caras do mundo: unha delas vendeuse en 2018 por 4,5 millóns de dólares.
Antecedentes
O industrial Joseph Wharton, que tiña intereses na minaría e a produción de níquel, influíra na decisión de utilizar este metal na cuñaxe de moedas a mediados da década de 1860, o que levou á introdución da moeda de 5 centavos Shield en 1866.[3] Mais a produción daquela moeda presentara dificultades desde o seu comezo, xa que o seu deseño provocaba que a calidade final da cuñaxe non fose satisfactoria, e os cuños tiñan unha idade útil moi reducida. As modificacións do deseño non lograron resolver os problemas técnicos, polo que a Casa da Moeda comezou a considerar a substitución do deseño xa en 1867. Así e todo, a cuñaxe do modelo Shield mantívose.[4]
A finais da década de 1870, cando a produción de moedas de cuproníquel de 5 centavos estaba atrasada e a das moedas de 3 centavos case esmorecía, Wharton tratou de aumentar as súas vendas de níquel á Casa da Moeda dos Estados Unidos. Aínda que as moedas de cuproníquel só se cuñaban en pequenas cantidades, o centavo de bronce representaba unha parte importante da produción da Casa da Moeda, e Wharton comezou a facer presión para que esa moeda se cuñase tamén en cuproníquel.[3]
En 1881, esta presión levou o superintendente da Ceca de Filadelfia, Archibald Loudon Snowden, a ordenar ao gravador xefe, Charles Barber, que elaborase deseños uniformes para unha nova serie de cuproníquel composta pola moeda dun centavo, a de 3 centavos e a de 5 centavos.[3] Snowden informou a Barber de que os deseños propostos debían incluír no anverso unha cabeza clásica da Liberdade coa lenda LIBERTY ("Liberdade") e a data, en tanto que o reverso debía amosar unha coroa de trigo, algodón e millo arredor dun número romano que designase o valor facial da moeda; xa que logo, a moeda de 5 centavos debía ter o número romano "V".[5] A proposta para o centavo reduciría o seu tamaño a 16 milímetros e o seu peso a 1,5 gramos, e as modificacións para a peza de 3 centavos aumentarían o seu tamaño a 19 milímetros e o seu peso a 3 gramos. A moeda de 5 centavos mantería o seu peso de 5 gramos do modelo anterior, aínda que o seu diámetro aumentaría ata os 22 milímetros.[6]
Deseño
Barber produciu os deseños necesarios; o correspondente á moeda de 5 centavos amosaba un retrato similar ao finalmente adoptado para o anverso, mais coa inscrición UNITED STATES OF AMERICA e a data. No reverso aparecía a coroa vexetal que rodeaba o "V", sen ningunha outra inscrición. Ese mesmo ano, modificouse o deseño para engadir o lema nacionalIN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos").[7] Snowden decidiu que as moedas propostas dun centavo e de 3 centavos serían demasiado pequenas para un uso efectivo, pero Barber continuou a traballar na de 5 centavos, co tamaño xa axustado a 21,21 milímetros.[5]
Un dos exemplares que se cuñaron durante a fase de proba presentaba cinco amosegas equidistantes no canto da moeda. Esta "moeda para cegos" cuñouse por petición do congresista e antigo xeneral da Unión William S. Rosecrans, quen declarou que moitos dos seus colegas en tempos de guerra quedaran cegos por causa do combate ou das doenzas. Finalmente, estas amosegas non chegaron á versión aprobada da moeda para a súa produción.[8]
Barber reelaborou o seu deseño en 1882, engadindo o lema E PLURUBUS UNUM no reverso, e a finais do ano recibiu o visto e prace das autoridades da Casa da Moeda, e enviáronse a Washington 25 exemplares cuñados como proba para que o secretario do Tesouro, Charles J. Folger, dese a súa aprobación, en principio rutineira. Para sorpresa de Snowden, Folger rexeitou o deseño xa que, ao revisar os estatutos de cuñaxe, se decatara de que a lei exixía que a expresión UNITED STATES OF AMERICA figurase no reverso, e non no anverso, como estaba no deseño de Barber. Folger consultou co propio presidente, Chester Arthur, quen lle confirmou a exixencia legal. Aínda que Snowden suxeriu que se fixese unha excepción, o secretario Folger negouse e Barber tivo que modificar o seu deseño para cumprir coa normativa. Finalmente, o seu deseño revisado foi aprobado, e a moeda ficou lista para a súa cuñaxe a principios de 1883.[10]
Produción
A cuñaxe das novas moedas comezou o 30 de xaneiro de 1883, e a Casa da Moeda puxo as primeiras pezas en circulación o 1 de febreiro.[11] Snowden, preocupado polos informes acerca da especulación coas moedas de 5 centavos Shield de 1883 en versión proof —fondo espello e relevo mate—, cuñadas para os coleccionistas, recibiu permiso o 6 de febreiro para seguir cuñando as do anterior modelo durante varios meses, xunto coas novas do modelo Liberty Head.[12]
Nun principio, non se considerara necesario inscribir na moeda a expresión CENTS ("centavos");[13] de feito, tanto as moedas de 3 centavos de prata como as do mesmo valor de cuproníquel circularan durante anos unicamente co correspondente número romano (III) como expresión do seu valor facial.[14] Mais os estafadores decatáronse de camiño de que o diámetro da nova moeda de 5 centavos era moi similar ao da moeda de ouro de 5 dólares, e se bañaban en ouro a moeda de 5 centavos resultaría doado póla en circulación simulando ser de 5 dólares.[15] Nalgúns casos, os estafadores chegaron a aplicar estrías no canto das moedas para aumentaren a súa semellanza coas moedas de ouro de 5 dólares.[16] Cóntase que un dos autores desta fraude era un home chamado Josh Tatum, que entraba nunha tenda, elixía un artigo que custase cinco centavos ou menos e ofrecía a peza bañada en ouro como pagamento, polo que moitos dependentes lle daban 4,95 dólares de cambio. Segundo esta historia, a lei non podía recorrer contra Tatum, xa que el ofrecera o valor que lle pediran pola súa compra e simplemente de limitaba a aceptar o cambio como agasallo.[15]
A fraude do baño en ouro das moedas de 5 centavos Liberty Head causou consternación na Casa da Moeda e provocou a interrupción repentina da súa produción. Así as cousas, pedíuselle a Barber que modificase o seu deseño, o que levou a cabo movendo outros elementos do reverso para acomodar a palabra CENTS no exergo desa face da moeda.[17] Esta versión revisada comezou a cuñarse o 26 de xuño de 1883, data en que se detivo definitivamente a produción do anterior modelo de 5 centavos Shield. A poboación respondeu acaparando as primeiras moedas de 5 centavos nas que non aparecía a palabra CENTS,[18] alentada polas noticias de que o Departamento do Tesouro tiña a intención de retiralas da circulación, polo que se prevía que se converterían en pezas raras.[19]
Logo das grandes tiraxes da moeda en 1883 e 1884,[20] a súa produción foi moito menor en 1885 e en 1886,[21][22] por mor da recesióneconómica, que reduciu a demanda de moedas en circulación. A tiraxe de 1886 tamén se viu minguada pola decisión do Tesouro de recuñar un gran número de moedas menores desgastadas, o que mantiña a Casa da Moeda ocupada con ese labor. Non foi ata setembro de 1886 cando a Casa da Moeda retomou a produción completa da moeda de 5 centavos,[23] e en 1887 chegou a verse desbordada polos pedidos, polo que tivo que fundir grandes cantidades de moedas antigas de cuproníquel para satisfacer a demanda. Malia estes esforzos, a Casa da Moeda viuse obrigada a devolver moitos pedidos sen satisfacer.[24] A demanda mantívose forte ata 1894, cando a Casa da Moeda suspendeu temporalmente a produción, xa que acumulara un excedente durante o Pánico de 1893.[25]
A Lei da Moeda de 1890 retirou varios valores faciais obsoletos, entre eles o de 3 centavos. Outra lei do Congreso, tamén promulgada o 26 de setembro de 1890, exixía que os deseños das moedas non se cambiasen ata que levasen en uso polo menos vinte e cinco anos, a menos que o Congreso autorizase o cambio.[26] No entanto, a segunda lei indicaba que nada impedía o redeseño da vixente moeda de 5 centavos e do dólar de prata "tan axiña como sexa factible despois da aprobación desta lei".[27] En 1896, cuñáronse exemplares en proba de 5 centavos por primeira vez desde 1885, cando proba con moedas experimentais con perforación central. As pezas de 1896, que amosaban un escudo sinxelo con frechas cruzadas detrás, cuñáronse en resposta a unha resolución da Cámara de Representantes pola que se pedía ao secretario do Tesouro que informase sobre as vantaxes e as desvantaxes do uso de diversas aliaxes na cuñaxe de moedas.[28] Ata 1909 non se volveron cuñar exemplares de proba de moedas de 5 centavos.[29]
O cambio de século foi testemuña dunha demanda sen precedentes de moedas de 5 centavos, debido ao pulo da economía e á xeneralización do uso destas moedas nas máquinas expendedoras. En 1900, o director da Casa da Moeda, George E. Roberts, solicitou ao Congreso que lle concedese á ceca unha maior asignación para a adquisición de metais básicos, o que permitiu unha maior produción de moedas de 5 centavos.[30] Ese mesmo ano modificouse lixeiramente o deseño, alongando algunhas das follas do reverso. Este cambio produciuse coa introdución dunha nova matriz, a partir da cal se fabricaron os cuños de produción.[31] A demanda das moedas seguiu a ser elevada; en marzo de 1911, a revista Mehl's Numismatic Monthly informou de que a Casa da Moeda traballaba vinte e catro horas ao día para producir centavos e moedas de 5 centavos, e mesmo así non lograba satisfacer a demanda.[32]
Os directores da Casa da Moeda dos EEUU, nos seus informes anuais, levaban moito tempo pedindo a autorización para cuñar centavos e moedas de 5 centavos en todas as cecas, xa que a lei impedía que as moedas de metal común se cuñasen fóra da Ceca de Filadelfia. Logo da eliminación desa restrición o 24 de abril de 1906, en 1908 cuñáronse asa primeiras moedas dun centavo na Ceca de San Francisco e en 1911 na Ceca de Denver. Houbo que esperar un ano máis, ata 1912, para que se cuñasen por primeira vez moedas de 5 centavos en cada unha desas dúas cecas sucursais da US Mint.[33][34]
A moeda de 5 centavos de 1912-S (San Francisco) non se cuñou ata a véspera de Nadal, e a súa produción limitouse a catro días hábiles. O daquela alcalde de San Francisco, James D. Phelan, utilizou unha moeda de 5 centavos de 1912-S, unha das primeiras corenta cuñadas, para pagar o primeiro billete do primeiro tranvía da cidade, o 28 de decembro de 1912.[35] Excluíndo a rarísima emisión de 1913, a moeda de 5 centavos de 1912-S, da que só se cuñaron 238.000 exemplares, é con diferenza a máis rara da serie.[33][36]
Substitución
En 1909, considerouse a posibilidade de substituír a moeda de 5 centavos Liberty Head por outra cun novo deseño. Nun intento de modernizar as moedas do sistema, redeseñáronse as moedas dun centavo e todas as de ouro. Para desgusto de Barber, nesa ocasión contratáronse artistas de sona alleos á Casa da Moeda para que se encargasen dos novos deseños das moedas. Con todo, o director da US Mint, Frank A. Leach, que era un admirador do traballo de Barber, encargoulle que preparase deseños para realizar algunhas cuñaxes de proba. Barber preparou daquela un deseño que amosaba a cabeza de Washington, e os xornais informaron de que as novas moedas poderían emitirse a finais de 1909. Porén, en xullo de 1909 Leach dimitiu do seu cargo, o que puxo fin ao asunto polo momento.[38]
O 4 de maio de 1911, Eames MacVeagh, fillo do secretario do Tesouro Franklin MacVeagh, escribiulle ao seu pai:[39]
“
Un pequeno asunto que parece que pasaron por alto todos vostedes é a oportunidade de embelecer o deseño da moeda de 5 centavos durante a súa administración, e paréceme que sería un recordo permanente do máis atractivo. Como posiblemente saiban, é a única moeda cuxo deseño se pode cambiar durante a súa administración, xa que creo que hai unha lei que establece que os deseños non se poden cambiar máis de cada vinte e cinco anos. Tamén creo que é a moeda que circula en maior cantidade.
”
Pouco despois, o subsecretario do Tesouro, Abram Andrew, anunciou que a Casa da Moeda solicitaría novos deseños. O coñecido escultor James Earle Fraser dirixiuse aos responsables do Tesouro, que quedaron abraiados polas propostas que presentou. O novo director da Casa da Moeda, George E. Roberts, pediulle inicialmente a Fraser un deseño co busto de Lincoln, que realizou principalmente para o compracer, aínda que Fraser tamén desenvolveu un deseño cun nativo americano no anverso e un bisonte americano no reverso. Este deseño foi o que recibiu a aprobación preliminar de MacVeagh, o 13 de xaneiro de 1912.[40] A finais de xuño, Fraser completou a maqueta do deseño final. As especificacións previstas para a nova moeda facilitáronselle á Hobbs Manufacturing Company, fabricante de máquinas expendedoras, que, logo dunha reunión con Fraser a principios de novembro, ditaminou que, con esas especificacións, sería doado que as máquinas se atoasen. Por petición da empresa, Fraser preparou entón unha versión revisada, mais o secretario MacVeagh rexeitouna alegando que os cambios comprometían o deseño,[41] que non estaba disposto a variar porque o admiraba moito.[42]
Nesta situación, o 13 de decembro de 1912 o director Roberts advertiu ao persoal da Casa da Moeda de que non tomase ningunha medida para preparar a cuñaxe de 5 centavos de 1913 ata que os novos deseños estivesen dispostos. Ese mesmo día, Roberts puxo fin á produción dos 5 centavos Liberty Head na Ceca de Filadelfia.[44]
Nun intento de satisfacer as demandas da Hobbs Manufacturing Company, introduciuse un pequeno cambio no deseño do novo modelo, mais a compañía continuou coa súa serie de peticións para que se modificase o deseño proposto por Fraser. O 15 de febreiro de 1913, cando faltaban menos de tres semanas para que tivese que deixar o cargo coa chegada do novo Goberno de Thomas Woodrow Wilson, McVeagh escribiu a Roberts, sinalando que ningún outro fabricante de máquinas expendedoras ou comecartos se queixara do novo deseño. O secretario concluíu que se fixera todo o posible para satisfacer a Hobbs Company e, xa que logo, ordenou que se puxese en produción a nova moeda co deseño do indio e o bisonte, que pasou a coñecerse co nome de 5 centavos Buffalo.[41][43]
Aínda que oficialmente o director Roberts cancelara a cuñaxe dos 5 centavos Liberty Head o 13 de decembro de 1912, a finais de 1919 xurdiron os primeiros rumores acerca da posible existencia dunha destas moedas con data de 1913, cando o comerciantenumismático Samuel W. Brown publicou anuncios en publicaciónsnumismáticas nos que se ofrecía a compralas. En agosto de 1920, a hipótese confirmouse cando Brown exhibiu un exemplar,[46] na convención anual da American Numismatic Association (ANA).[47][48]
Brown contou que na Casa da Moeda se chegara a preparar un cuño mestre para a emisión de 2013 dos 5 centavos Liberty Head, e que aquel mesmo se cuñaran algúns exemplares coa intención de probar a funcionalidade do cuño.[49] Brown posuía cinco destas moedas, que finalmente vendeu. Tras pasar quince anos en mans do excéntrico coronel E. H. R. Green, o famoso coleccionista de Fort Worth, Texas, as moedas acabaron por ser dispersadas en 1943. Desde entón, cada unha delas foi tendo diferentes propietarios. Tres delas están expostas ao público, unha na Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, do Instituto Smithsoniano, en Washington,"[50] e dúas no Museo do Diñeiro da ANA en Colorado Springs,[51] en tanto que as outras dúas son propiedade privada. En xaneiro de 2010, unha destas moedas alcanzou nunha poxa numismática o prezo de 3.737.500 dólares.[52] Noutras vendas máis recentes destes dous espécimes dos 5 centavos Liberty Head de 1913 en mans privadas, alcanzáronse os 3,1 millóns de dólares en abril de 2013,[53] e 4,56 millóns en agosto de 2018.[54][55][56]
Non se coñece con certeza como chegaron a fabricarse as moedas de 1913 do modelo Liberty Head. Nos rexistros da Casa da Moeda non hai rastros de que en ningún momento se autorizase a cuñaxe de ningunha cantidade, nin sequera como probas, desa moeda.[57] Do que si que hai constancia é de que se prepararan cuños por adiantado e se enviaran a California para unha futura cuñaxe de moedas de 5 centavos Liberty Head de 1913-S na Ceca de San Francisco, pero ante a instrución de Roberts de deter a cuñaxe, se ordenou a súa devolución a Filadelfia, onde se recibiron o 23 de decembro e, case con toda seguridade, se destruíron rutineiramente a principios de xaneiro.[58] Brown fora empregado da Casa da Moeda de Filadelfia —aínda que isto non se soubo ata 1963— e moitas teorías centran as sospeitas nel.[59] Os anuncios publicados por el en 1919 ofrecéndose a adquirilas non serían máis que unha estratexia para lexitimar a cuñaxe fraudulenta na Casa da Moeda, patrcinada por el mesmo.[46]
Tiraxes anuais
Na seguinte táboa reflíctense as tiraxes anuais da moeda de 5 centavos de dólar Liberty Head en cada unha das tres casas de moeda onde se produciu, entre 1983 e 1916:[1][2][60][61]
1998 United States House of Representatives elections in Georgia ← 1996 November 3, 1998 (1998-11-03) 2000 → All 11 Georgia seats to the United States House of Representatives Majority party Minority party Party Republican Democratic Seats before 8 3 Seats won 8 3 Seat change Popular vote 1,039,711 592,004 Percentage 63.72% 36.28% Swing 10.46% 10.52% Republican 50–60% 60–70% 70–80...
The Space Shuttle Discovery performing the rendezvous pitch maneuver during STS-114. The R-bar pitch maneuver (RPM), popularly called the rendezvous pitch maneuver or backflip,[1] was a maneuver performed by the Space Shuttle as it rendezvoused with the International Space Station (ISS) prior to docking. The Shuttle performed a backflip that exposed its heat-shield to the crew of the ISS that made photographs of it. Based on the information gathered during the rendezvous pitch maneuve...
Commune in Occitania, FranceAyzac-OstCommune Coat of armsLocation of Ayzac-Ost Ayzac-OstShow map of FranceAyzac-OstShow map of OccitanieCoordinates: 43°01′29″N 0°05′43″W / 43.0247°N 0.0953°W / 43.0247; -0.0953CountryFranceRegionOccitaniaDepartmentHautes-PyrénéesArrondissementArgelès-GazostCantonLa Vallée des GavesIntercommunalityCC Pyrénées Vallées des GavesGovernment • Mayor (2020–2026) Serge Cabar[1]Area13.08 km2 (1.1...
مايكل كالان (بالإنجليزية: Michael Callan) معلومات شخصية اسم الولادة (بالإنجليزية: Martin Harris Calinieff) الميلاد 22 نوفمبر 1935 [1] فيلادلفيا الوفاة 10 أكتوبر 2022 (86 سنة) [2] وودلاند هيلز سبب الوفاة ذات الرئة[3] مواطنة الولايات المتحدة الزوجة باتريشيا هارت...
لمعانٍ أخرى، طالع القنفذ سونيك (توضيح). القنفذ سونيك النوع مغامرات، أكشن ،ترفيه ،كوميدي مبني على القنفذ سونيك البلد الولايات المتحدة[1] لغة العمل الإنجليزية[1] عدد المواسم 2 عدد الحلقات 26 مدة العرض 22 دقيقة الموزع والت ديزني ستوديوز موشن بيكشرز...
This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (August 2022) Ethnic group in Alabama Ethnic group African Americans in AlabamaTotal population1,348,681[1] (2017)Regions with significant populationsBullock County, Dallas County, Greene County, Hale County, Lowndes County, Macon County, Marengo County, Montgomery County, Perry County, Sumter...
لمعانٍ أخرى، طالع كلية الآداب (توضيح). كلية الآداب شعار كلية الآداب (الجامعة الأردنية)شعار الكلية الشعار الأفق الرحيب للإشعاع الفكري والثقافي في المجتمع، وتجديد قيم الأصالة والاستنارة وتخريج المثقف ذي العقلية النقدية المتفتحة والقادرة على التواصل الفعال.[1] معل...
Artikel ini bukan mengenai Hannibal Barca, pemimpin Kartago pada Perang Punik II. Hannibal Gisco (bahasa Punik: 𐤇𐤍𐤁𐤏𐤋, ḥnbʿl;[1] c. 295–258 SM) adalah seorang panglima militer Kartago yang menangani armada laut dan darat pada Perang Punik I melawan Romawi. Upayanya mengalami kegagalan dan kekalahannya dalam pertempuran berujung pada penggulingan dan eksekusinya. Referensi Kutipan ^ Huss (1985), hlm. 565. Daftar pustaka Huss, W...
لمعانٍ أخرى، طالع سيري (توضيح). Serri الإحداثيات 39°42′04″N 9°08′38″E / 39.701°N 9.144°E / 39.701; 9.144 تقسيم إداري البلد إيطاليا[1] التقسيم الأعلى مقاطعة جنوب سردينيا [لغات أخرى] (4 فبراير 2016–) خصائص جغرافية المساحة 19٫18 كم2 (7٫41 ميل2) ار...
Cet article possède un paronyme, voir Pétasse. Hermès Ingenui coiffé du pétase.Copie romaine d'un original grec du Ve siècle av. J.-C., musée Pio-Clementino, Vatican. Le pétase (en grec ancien πέτασος / pétasos) est un chapeau rond de feutre ou de paille, à bord large, souple et plat dont se coiffaient principalement les voyageurs grecs. Un cordon, noué sous le menton ou derrière la tête, le maintenait en place. Description Statue d'Hermès (détail).Musée Pio-...
حي المشنة - حي - الطريق إلى المشنة في إب تقسيم إداري البلد اليمن المحافظة محافظة إب المديرية مديرية المشنه السكان التعداد السكاني 2004 السكان 61٬641 • الذكور 31٬287 • الإناث 30٬354 • عدد الأسر 8٬957 • عدد المساكن 9٬108 معلومات أخرى التوقيت توقيت اليمن (+3 غ...
Psychological characteristics of an individual For other uses, see Personality (disambiguation). Not to be confused with Personally. Part of a series onPsychology Outline History Subfields Basic psychology Abnormal Affective neuroscience Affective science Behavioral genetics Behavioral neuroscience Behaviorism Cognitive/Cognitivism Cognitive neuroscience Social Comparative Cross-cultural Cultural Developmental Differential Ecological Evolutionary Experimental Gestalt Intelligence Mathematical...
Paul Rudolf von Bilguer Paul Rudolf von Bilguer, auch Paul Rudolph von Bilguer (* 25. September 1815 in Ludwigslust[1]; † 16. September 1840 in Berlin), war ein deutscher Schachspieler. Bekannt wurde er insbesondere als geistiger Vater und Namensgeber des Handbuchs des Schachspiels, eines Standardwerks der Schachtheorie, das auch „der Bilguer“ genannt wird. Inhaltsverzeichnis 1 Herkunft 2 Leben 3 Berliner Schachmeister 4 Beitrag zur Schachtheorie 5 Werke 6 Literatur 7 Weblinks 8...
لمعانٍ أخرى، طالع ستراتفورد (توضيح). ستراتفورد الإحداثيات 42°16′15″N 93°55′37″W / 42.270833333333°N 93.926944444444°W / 42.270833333333; -93.926944444444 [1] تاريخ التأسيس 1880 تقسيم إداري البلد الولايات المتحدة[2] التقسيم الأعلى آيوا خصائص جغرافية المساحة...
Pour les articles homonymes, voir Bjørneboe. Cet article est une ébauche concernant un dramaturge, un écrivain norvégien et l’anarchisme. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Jens BjørneboeBiographieNaissance 9 octobre 1920Kristiansand (Vest-Agder)Décès 9 mai 1976 (à 55 ans)Eikvold (d) (Vestfold)Sépulture Église de Veierland (en)Nationalité norvégienneFormation École Cathédrale de...
French linguist (1908–1999) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: André Martinet – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2011) (Learn how and when to remove this message) André MartinetBorn(1908-04-12)12 April 1908Saint-Alban-des-Villards, French Third RepublicDied16 July 1999(1999-0...
American judge (1922–2019) Damon KeithKeith in 2018Senior Judge of the United States Court of Appeals for the Sixth CircuitIn officeMay 1, 1995 – April 28, 2019Judge of the United States Court of Appeals for the Sixth CircuitIn officeOctober 21, 1977 – May 1, 1995Appointed byJimmy CarterPreceded byWade H. McCreeSucceeded byRichard Allen GriffinChief Judge of the United States District Court for the Eastern District of MichiganIn officeDecember 13, 1975 – Nov...