Modest Mouse

Modest Mouse
OrixeIssaquah, Washington,
Período1993 - presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Epic, Up, K, Matador
MembrosIsaac Brock
Jeremiah Green
Joe Plummer
Tom Peloso
Jim Fairchild
Russell Higbee
Lisa Molinaro
Antigos membrosRobin Peringer
John Wickhart
Dann Gallucci
Benjamin Weikel
Johnny Marr
Eric Judy
Artistas relacionadosUgly Casanova, Seasick Steve, The Shins
Na rede
modestmousemusic.com
IMDB: nm1851133 Facebook: ModestMouse Twitter: modestmouseband Instagram: modestmouse MySpace: modestmouse Youtube: UCIJdJU2RCaOieKNh7vCxWCA Bandcamp: modestmouseSouncloud: modest-mouse-official Spotify: 1yAwtBaoHLEDWAnWR87hBT iTunes: 467112 Last fm: Modest+Mouse Musicbrainz: a96ac800-bfcb-412a-8a63-0a98df600700 Songkick: 535518 Discogs: 187919 Allmusic: mn0000480086 Deezer: 1237 Editar o valor en Wikidata

Modest Mouse é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1993 en Issaquah, Washington, aínda que no presente está baseada en Portland, Oregón. Os membros fundadores do grupo foron o vocalista e guitarrista Isaac Brock, o batería Jeremiah Green e o baixista Eric Judy. O grupo estaba fortemente influenciado por Pavement, Pixies, XTC, e Talking Heads, e ensaiou, arranxou e gravou demos durante case dous anos antes de fichar finalmente polo pequeno selo independente K Records e lanzar un feixe de sinxelos.

Dende o seu álbum de estrea en 1996, This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About, a súa formación centrouse en Brock, Green e Judy, pasando por numerosos cambios. A banda conseguiu éxito no mainstream co seu cuarto álbum, Good News for People Who Love Bad News (2004), e os seus sinxelos "Float On" e "Ocean Breathes Salty". Judy participou en todos os discos do grupo ata a súa marcha en 2012. O guitarrista Johnny Marr (antigamente en The Smiths) uniuse ao grupo en maio do 2006, xunto co percusionista Joe Plummer (antes en The Black Heart Procession) e o multi-instrumentista Tom Peloso, para traballar no álbum We Were Dead Before the Ship Even Sank. O guitarrista Jim Fairchild uniríase en febreiro do 2009.[1] O sexto traballo da banda, Strangers to Ourselves, lanzouse o 17 de marzo de 2015. O sétimo e derradeiro ata a data, The Golden Casket, apareceu o 25 de xuño de 2021.

Historia

Formación e primeiros anos

Cando Isaac Brock era adolescente traballaba nunha tenda familiar de vídeos nas afóras de Seattle, e alí coñeceu ao baixista Eric Judy. Brock e Judy descubriron posteriormente ao batería Jeremiah Green,[2] que tamén residía preto de Seattle, nun concerto de heavy metal, e nese momento deciciron facer música xuntos. En 1994, nos Dub Narcotic Studios de Calvin Johnson, Modest Mouse gravou o seu primeiro EP, Blue Cadet-3, Do You Connect?, que sería publicado por K Records. O EP foi seguido polo sinxelo, "Broke", gravado por Steve Wold (coñecido como o bluesman Seasick Steve) baixo o selo Sub Pop nos Moon Studios de Olympia, Washington. Durante ese tempo Modest Mouse tamén gravou o que ía ser o seu primeiro álbum, Sad Sappy Sucker, pero constantes atrasos causaron que o traballo fose arquivado e esquecido. O disco non se editaría oficialmente ata o ano 2001. Antes de que a banda se abrise camiño no múndo da música pop en 2004, moitas das xiras de Modest Mouse incluían paradas en locais DIY/punk.

Tras fichar por Up Records, Modest Mouse lanzou dous álbums e outras gravacións como o LP de 1996 This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About. Steve Wold tamén gravou e produciu este álbum (nesa época axudaba nas gravacións pero non era oficialmente parte da banda) xunto co seguinte traballo, Interstate 8. O álbum de 1997, The Lonesome Crowded West (tamén gravado at Moon Studios por Scott Swayze) foi o gran descubrimento da banda. The Lonesome Crowded West gañou para a banda un seguimento de culto, e no presente está considerado un dos discos que definiron o indie rock de mediados dos 90.[3] Durante esa época, Nick Kraft encargouse de refinar o son da banda. Antes do seu lanzamento, a banda gravara o EP The Fruit That Ate Itself. En 2000, Up Records lanzou unha colección de sinxelos e rarezas titulada Building Nothing Out of Something que incluían todo o Interstate 8 agás os temas "Edit the Sad Parts" e "Buttons to Push the Buttons".[4]

Éxito da crítica

No ano 2000 Modest Mouse editou The Moon & Antarctica, o seu primeiro álbum con Epic Records. O disco, producido por Brian Deck de Califone durante cinco meses de sesións en Chicago,[5] foi aclamado pola crítica,[6] incluída unha puntuación de 9,8/10 da revista musical en liña Pitchfork Media,[7] a pesar das preocupacións sobre lanzar material a través dun gran selo. O álbum posteriormente recibiría máis aclamacións.[8]

A banda licenciou "Gravity Rides Everything" para un anuncio do monovolume Nissan Quest, un movemento que Brock recoñeceu como descaradamente comercial pero necesario para acadar estabilidade económica. Con respecto ao anuncio Brock dixo, "a xente que non ten que vivir da música pode queixarse dos meus principios mentres gasta os cartos dos seus pais ou lava pratos para algún estúpido".[9]

En 2001, Modest Mouse editou o EP Everywhere and His Nasty Parlour Tricks, unha colección de cancións non usadas das sesións de gravación de The Moon & Antarctica. En 2002 a banda uniuse a Cake, De La Soul, The Flaming Lips, The Hackensaw Boys e Kinky na xira Unlimited Sunshine Tour.[10]

Éxito mainstream, Johnny Marr únese á banda

En marzo de 2003, Green deixou o grupo tras sufrir unha crise nerviosa;[11] os informes oficiais dixeron que marchara para traballar no seu proxecto paralelo, Vells. Ese mesmo ano Green e Judy aparecern no primeiro álbum en solitario de Adam Forkner, VVRSSNN. O batería Benjamin Weikel uniuse ao grupo substituíndo a Green, xunto co guitarrista de Murder City Devils Dann Gallucci, que xa tocara anteriormente con Modest Mouse. Antes deiniciar o proceso de composición do seu seguinte traballo, Brock quedou devastado pola perda de "dúas das persoas máis importantes na miña vida", dixo.[2] Tras eses eventos a banda publicou o seu cuarto álbum, Good News for People Who Love Bad News, o 6 de abril de, 2004. O seguinte agosto o disco foi certificado platino,[2] conseguindo dous éxitos cos temas "Float On" e "Ocean Breathes Salty" (ámbolos dous foron interpretados no programa de televisión Saturday Night Live o 13 de novembro de 2004).[12] O álbum foi nomeado ao premio Grammy a Mellor Álbum de Música Alternativa, e "Float On" foi nomeada ao premio de Mellor Canción Rock. Posteriormente nese ano, Green regresou ao grupo e Weikel volveu á súa banda The Helio Sequence.

O programa da radio pública Marketplace usou o tema "Float On" como música de transición, o que axudou a que a banda chegase a unha maior audiencia.

En 2006, Johnny Marr (anteriormente en The Smiths) uniuse á banda despois de que Gallucci marchase de xeito amigable. Modest Mouse publicou o seu novo álbum, We Were Dead Before the Ship Even Sank, o 20 de marzo de 2007, despois de que a data orixinal de lanzamento, 19 de decembro de 2006, fose atrasada. O álbum tamén incluía a canción extra e sinxelo "King Rat", que o actor australiano Heath Ledger coñecía dende antes de que fose lanzada; a banda foi formlmente presentada polo actor durante a súa xira do 2007 en Australia. Ledger propuxo unha idea ao grupo para un vídeo musical, e, xunto co seu colectivo The Masses, comezou a traballar inmediatamente nel cando tivo a aprobación do grupo.[13] Tras morte de Ledger en xaneiro de 2008, o vídeo quedou sen rematar.[14]

We Were Dead Before the Ship Even Sank foi o primeiro álbum de Modest Mouse e acadar número 1 na lista estadounidense Billboard 200, e tiña o exitoso sinxelo "Dashboard", ademais de "Missed the Boat" e "We've Got Everything". Modest Mouse publicou sinxelos de 7" para as cancións "Satellite Skin", "Autumn Beds" e "Perpetual Motion Machine" en edicións limitadas (4 000 copias de cada un), con portadas doe directores de arte e ilustradores Joshua Marc Levy, J. Alex Stamos, e Natasha Wheat.

Jim Fairchild substituíu a Marr como guitarrista oficial despois de que este último deixase o grupo para unirse a The Cribs. Fairchild iniciou a súa carreira con Modest Mouse na xira do disco No One's First and You're Next, que fora editado o 4 de agosto de 2009 e estaba formado por temas inéditos das sesións de gravación de Good News for People Who Love Bad News e We Were Dead Before the Ship Even Sank.[15]

Xiras, cambios na formación e reedicións 2006-2013

No ano 2010 The Moon & Antarctica foi reeditado en vinilo como parte do Record Store Day.[16]

O 4 de xullo de 2010 a banda foi cabeza de cartel no segundo día do 80/35 Music Festival en Des Moines, Iowa,[17] e o 10 de setembro dese ano foi cabeza de cartel do primeiro día do End of the Road Festival en Dorset, Inglaterra.[18] A finais do mes de agosto Modest Mouse tocou no escenario principal dos festivais de Leeds e Reading.

O 29 de maio de 2011 Modest Mouse tocou dúas novas cancións durante o seu concerto como cabeza de cartel no festival Sasquatch. O temas titulábanse "Poison the Well" e "Lampshades on Fire".[19] Posteriormente contribuíron cunha versión da canción de Buddy Holly "That'll Be the Day" ao recompilatorio Rave On Buddy Holly, que foi publicado o 28 de xuño de 2011. Modest Mouse tocou no Splendour in the Grass en Woodford, Queensland o 29 de xullo de 2011,[20] e no The Warfield en San Francisco o 25 de xaneiro de 2012.

En 2012 Modest Mouse pasou por un significativo cambio na formación. O baixista e fundador do grupo Eric Judy e o percusionista Joe Plummer marcharon e foron substituídos por Russell Higbee (anteriormente en Man Man) e Davey Brozowski, respectovamente. A formación tamén incluíu as adicións da multiinstrumentista Lisa Molinaro, e o percusionista Ben Massarella, que xa tocara percusións en The Moon & Antarctica.

En xuño de 2012 Pitchfork.tv publicou un documental de 45 minutos sobre The Lonesome Crowded West, que incluía imaxes de arquivo tomadas durante actuacións ao vivo e as sesións de gravación e mestura do álbum.[21]

Durante os anos 2012 e 2014 Modest Mouse tocou en festivais como o Firefly Music Festival en Dover, Delaware,[22] o Good Vibes Festival en Sepang, Malaisia,[23] o Coachella Valley Music and Arts Festival en Indio, California,[24] o Hangout Music Festival en Gulf Shores, Alabama,[25] o Shaky Knees de Atlanta, Xeorxia,[26] o Boston Calling en Massachusetts,[27] ou no Hudson Valley Music Project en Saugerties, Nova York.[28]

No outono de 2014 Modest Mouse reeditou os seus dous primeiros álbums, This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About e The Lonesome Crowded West, en CD e vinilo a través de Glacial Pace, o selo de Isaac Brock.[29]

2010-2023 Strangers to Ourselves e The Golden Casket

Oito anos despois do lanzamento de We Were Dead Before the Ship Even Sank, Modest Mouse publicou Strangers to Ourselves o 17 de marzo de 2015. O 13 de decembro de 2014 confirmárase o título e data de lanzamento e dous días despois a banda publicou o sinxelo principal do disco, "Lampshades on Fire", que se estreou na radio pública de Minneapolis-St. Paul 89.3 The Current. O 16 de decembro de 2014 Strangers to Ourselves estivo dispoñible para reservas en CD e vinilo a través da páxina web do selo Glacial Pace e da tenda de iTunes.

Modest Mouse publicou o seu sétimo álbum de estudio, The Golden Casket, o 25 de xuño de 2021.[30] O seu primeiro sinxelo, "We Are Between", apareceu o día 5 de maio, seguido o 24 dese mesmo mes polo segundo, “Leave a Light On”.

Discografía

Álbums de estudio

Álbum Ano Selo
This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About 1996 Up Records
The Lonesome Crowded West 1997 Up Records
The Moon & Antarctica 2000 Epic Records
Good News for People Who Love Bad News 2004 Epic Records
We Were Dead Before the Ship Even Sank 2007 Epic Records
Strangers to Ourselves 2015 Epic Records[1]
The Golden Casket 2021 Epic Records

EPs

Álbum Ano Selo
Blue Cadet-3, Do You Connect? 1994 K Records
Interstate 8 1996 Up Records
The Fruit That Ate Itself 1997 K Records
Night on the Sun 1999 Up Records
Everywhere and His Nasty Parlour Tricks 2001 Epic Records
No One's First and You're Next 2009 Epic Records

Recompilatorios

Álbum Ano Selo
Building Nothing Out of Something 2000 Up Records
Sad Sappy Sucker 2001 K Records

Notas

  1. 1,0 1,1 "Modest Mouse: Strangers to Ourselves". Território da Música (en portugués). 23 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Carpenter, Susan (2004-03-18). "From Modest beginnings ...". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  3. Taking punk to the masses : from nowhere to Nevermind : a visual history from the permanent collection of Experience Music Project. Seattle, Wash.: Fantagraphics Books. 2011. ISBN 978-1-60699-433-7. OCLC 668194716. 
  4. "Building Nothing Out of Something, by Modest Mouse". Modest Mouse (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  5. "Modest Mouse - Artisti". SENTIREASCOLTARE (en italiano). Consultado o 2021-11-30. 
  6. "The Moon & Antarctica by Modest Mouse" (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  7. "Modest Mouse: The Moon & Antarctica". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  8. "The Top 100 Albums of 2000-04". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  9. "Modest Mouse - The A.V. Club". web.archive.org. 2005-12-10. Archived from the original on 10 de decembro de 2005. Consultado o 2021-11-30. 
  10. Mirkin, Steven; Mirkin, Steven (2002-08-13). "Unlimited Sunshine Tour". Variety (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  11. Scanlon, Tom (2007-04-13). "Modest Mouse band of mellow mice". The Seattle Times (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  12. "SNL Archives - Episodes". snl.jt.org. Consultado o 2021-11-30. 
  13. Lisi, Brian. "A look at Heath Ledger's little-known work as a director on what would’ve been the star's 37th birthday". nydailynews.com. Consultado o 2021-11-30. 
  14. "Inside Heath Ledger’s Modest Mouse Video -". My Site (en inglés). 2009-09-26. Consultado o 2021-11-30. 
  15. Dombal, Ryan (2009-03-12). "Heath Ledger Directed a Modest Mouse Video". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  16. "The Moon & Antarctica To Be Reissued on Vinyl For 10th Anniversary - Modest Mouse". web.archive.org. 2010-11-12. Archived from the original on 12 de novembro de 2010. Consultado o 2021-11-30. 
  17. "Modest Mouse Headlining 80/35 Festival". glidemagazine.com. Consultado o 2021-12-01. 
  18. "Past Line Ups". End of the Road (en inglés). Consultado o 2021-12-01. 
  19. "Modest Mouse Debut Tunes At Sasquatch!". Stereogum (en inglés). 2011-05-31. Consultado o 2021-12-01. 
  20. "The Line Up - Splendour in the Grass 2011 - triple j". www.abc.net.au. 2011-07-30. Consultado o 2021-12-01. 
  21. "Pitchfork.tv Presents Documentary on Modest Mouse's The Lonesome Crowded West". Pitchfork (en inglés). 2012-06-18. Consultado o 2021-12-01. 
  22. "Firefly Festival - Past lineups". fireflyfestival.com. Consultado o 2021-12-02. 
  23. "Good Vibes Festival 2013 - Sensasi Selebriti". www.budiey.com (en inglés). 2013-06-12. Consultado o 2021-12-02. 
  24. "Coachella 2013 lineup revealed". Consequence (en inglés). 2013-01-25. Consultado o 2021-12-02. 
  25. "Hangout Music Festival reveals 2014 lineup: OutKast, The Black Keys, and The Killers". Consequence (en inglés). 2014-01-15. Consultado o 2021-12-02. 
  26. "Shaky Knees Festival 2014 lineup announced (The National, Modest Mouse, Conor Oberst, Iron & Wine, Spoon & more)". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2021-12-02. 
  27. "Boston Calling 2014 Lineup". Stereogum (en inglés). 2014-01-28. Consultado o 2021-12-02. 
  28. "The Hudson Project 2014 Announces Lineup". JamBase (en inglés). Consultado o 2021-12-02. 
  29. "Modest Mouse to reissue first two albums with unreleased music". Consequence (en inglés). 2014-09-03. Consultado o 2021-12-02. 
  30. Kreps, Daniel (2021-05-05). "Modest Mouse Announce New Album 'The Golden Casket,' Drop 'We Are Between'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-12-02. 

Read other articles:

NHK

Artikel ini membutuhkan rujukan tambahan agar kualitasnya dapat dipastikan. Mohon bantu kami mengembangkan artikel ini dengan cara menambahkan rujukan ke sumber tepercaya. Pernyataan tak bersumber bisa saja dipertentangkan dan dihapus.Cari sumber: NHK – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Nippon Hōsō Kyōkai日本放送協会Logo sejak Maret 2020NHK Broadcasting Center, kantor pusat NHKJenisPenyiar radio dan televisi umumMerekNHKNegaraJ...

 

John Nance GarnerJohn Garner Wakil Presiden Amerika Serikat 32Masa jabatan4 Maret 1933 – 20 Januari 1941PresidenFranklin Delano Roosevelt PendahuluCharles CurtisPenggantiHenry Agard Wallace Informasi pribadiLahir(1868-01-22)22 Januari 1868Meninggal7 November 1967(1967-11-07) (umur 99)Partai politikDemokratSuami/istriMariette RheinerAnak1Tanda tanganSunting kotak info • L • B John Nance Garner (22 Januari 1868 – 7 November 1967) Ia merupakan an...

 

County in Taiwan, Republic of ChinaNantou County 南投縣Nan-t'ouCountyTop:Shuili Water Creek in Shuili Township, 2nd left:Mount Yu, 2nd right:Nantou County Museum of History in Nantou City, 3rd left:View of Sun Moon Lake, from Xuanzang Temple in Yuchi Township, 3rd right:Evergreen Glassland in Renci Township, Bottom left:Tou George Pond in Taiwan Educational University of Nature, Bottom right:Mount Hehuan FlagLogoCoordinates: 23°54′55.28″N 120°41′4.32″E / 23.9153...

ロバート・デ・ニーロRobert De Niro 2011年のデ・ニーロ生年月日 (1943-08-17) 1943年8月17日(80歳)出生地 アメリカ合衆国・ニューヨーク州ニューヨーク市身長 177 cm職業 俳優、映画監督、映画プロデューサージャンル 映画、テレビドラマ活動期間 1963年 -配偶者 ダイアン・アボット(1976年 - 1988年)グレイス・ハイタワー(1997年 - )主な作品 『ミーン・ストリート』(1973年)...

 

2016年美國總統選舉 ← 2012 2016年11月8日 2020 → 538個選舉人團席位獲勝需270票民意調查投票率55.7%[1][2] ▲ 0.8 %   获提名人 唐納·川普 希拉莉·克林頓 政党 共和黨 民主党 家鄉州 紐約州 紐約州 竞选搭档 迈克·彭斯 蒂姆·凱恩 选举人票 304[3][4][註 1] 227[5] 胜出州/省 30 + 緬-2 20 + DC 民選得票 62,984,828[6] 65,853,514[6]...

 

Fish species with the ability to travel over land for extended period of timePeriophthalmus gracilis, a species of mudskipper, perched on land. Mudskippers are one type of walking fish. A walking fish, or ambulatory fish, is a fish that is able to travel over land for extended periods of time. Some other modes of non-standard fish locomotion include walking along the sea floor, for example, in handfish or frogfish. Types Pacific leaping blenny (Alticus arnoldorum) hopping Most commonly, walki...

River in AfghanistanHarut RiverAdraskan RiverNative nameهاروت رود (Pashto)LocationCountryAfghanistanPhysical characteristicsSource  • locationSia koh mountains Mouth  • locationSistan LakeLength394 km (245 mi) [1]Basin sizeSistan Basin The Harut River or Adraskan River is a river of Afghanistan which belongs to the Sistan Basin.[2] The source of the river lies in the mountains to the southeast of Herat. The ...

 

American journalist For his son, the American comedian, see Frank Conniff. Frank ConniffBorn(1914-04-24)April 24, 1914Danbury, Connecticut, U.S.DiedMay 25, 1971(1971-05-25) (aged 57)New York City, U.S.Occupation(s)Journalist, editorYears active1956–1971ChildrenFrank ConniffAwardsPulitzer Prize for International Reporting Frank Conniff (/kɒnˈnɪf/ kon-NIF;[1] April 24, 1914 – May 25, 1971) was an American journalist and editor who won a Pulitzer Prize for Internatio...

 

Region di Tanzania Region adalah wilayah administratif tingkat satu di Tanzania. No. Region Ibu kota Kode Jumlahdistrik Luas(km²) Populasi(sensus 2012) 1 Arusha Arusha TZ-01 7 37,576 1,694,310 2 Dar es Salaam Dar es Salaam TZ-02 5 1,393 4,364,541 3 Dodoma Dodoma TZ-03 7 41,311 2,083,588 4 Geita Geita TZ-27 5 20,054 1,739,530 5 Iringa Iringa TZ-04 5 35,503 941,238 6 Kagera Bukoba TZ-05 8 25,265 2,458,023 7 Katavi Mpanda TZ-28 3 45,843 564,604 8 Kigoma Kigoma TZ-08 8 37,040 2,127,930 9 Kiliman...

1989 studio album by Bobby WomackSave the ChildrenStudio album by Bobby WomackReleased1989Recorded1989GenreSoulLength48:23LabelSOLARProducerBobby Womack, Frank Rusty Hamilton, Keg JohnsonBobby Womack chronology The Last Soul Man(1987) Save the Children(1989) Resurrection(1994) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[1] Save the Children is a studio album by American singer-songwriter Bobby Womack.[2] The album was released in 1989, by SOLAR Records.[3...

 

International airport serving Tehran, Iran Imam Khomeini International Airportفرودگاه بین‌المللی امام خمینیIATA: IKAICAO: OIIESummaryAirport typePublicOwnerGovernment of IranOperatorImam Khomeini Airport City CompanyServesTehran metropolitan areaLocationVahnabad, Tehran, IranOpened30 April 2005; 19 years ago (2005-04-30)Hub for Iran Air Iran Aseman Airlines Mahan Air Meraj Airlines ATA Air Time zoneIRST (UTC+3:30)Elevation AMSL1,007 m / 3...

 

6th-century Christian Saint For other uses, see Saint Maurus (disambiguation). SaintMaurusO.S.B.Saint Benedict orders Saint Maurus to the rescue of Saint Placid by Friar Filippo Lippi, O.Carm. (ca.1445).BornJanuary 1, 512AfricaDiedJanuary 15, 584not for sureVenerated inRoman Catholic ChurchEastern Orthodox Church[1]Feastbefore 1969: January 15; after 1969: November 22Attributescrutch; weighing scale; young man in the garb of a monk, holding an abbot's cross and a spade.Patronagec...

American organization Baseball ReliquaryFounded1996 (28 years ago)FounderTerry CannonTypeNonprofitFocusBaseball historyLocationWhittier, California, U.S.Region served United StatesMembership (2019) 300+FundingLos Angeles County Department of Arts and CultureWebsitebaseballreliquary.org The Baseball Reliquary is a nonprofit educational organization dedicated to fostering an appreciation of American art and culture through the context of baseball history and to exploring the national pastime’...

 

Sri Lankan politician Hon.Maheepala HerathMP12h Governor of the North Central ProvinceIncumbentAssumed office 23 March 2020PresidentGotabaya Rajapaksa Ranil WickremesinghePreceded byTissa Vitharana8th Chief Minister of SabaragamuwaIn office16 July 2004 – 26 September 2017Preceded byMohan Saliya EllawalaSucceeded byVacant Personal detailsBornSri LankaPolitical partySri Lanka Freedom Party Maheepala Herath is a Sri Lankan politician. The current Governor of the North Cent...

 

British department store chain Harrods LimitedHarrods department store in London, 2009Company typePrivateIndustryRetailGenreDepartment storeFounded1849; 175 years ago (1849)FounderCharles Henry HarrodHeadquarters87–135 Brompton RoadLondon, SW1[1]ProductsQuality and luxury goodsRevenue £2 billion (2017)[2]Operating income £253.3 million (2017)[2]Net income £233.2 million (2017)[2]OwnerQatar Investment Authority[3]Number of employee...

Duke of Brittany from 1457 to 1458 This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these messages) You can help expand this article with text translated from the corresponding article in French. (June 2011) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the French article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translatio...

 

Scottish businessman and baronet SirJames RitchieBtIn The Sketch, 11 November 1896Born(1833-09-21)21 September 1833Angus, ScotlandDied18 September 1912(1912-09-18) (aged 78)Shanklin, EnglandOccupation(s)Businessman, politicianSpouse Lydia Rebecca Lemon ​(m. 1858)​Children9 Sir James Thomson Ritchie, 1st Baronet (21 September 1833 – 18 September 1912) was a Scottish businessman who was the 576th Lord Mayor of London.[1][2] He was born in Angu...

 

Season of television series The Real Housewives of PotomacSeason 5Cover used by the iTunes StoreLeft to right: Osefo, Dixon, Dillard Bassett, Huger, Bryant, Darby and SamuelsStarring Gizelle Bryant Ashley Darby Robyn Dixon Karen Huger Monique Samuels Candiace Dillard Bassett Wendy Osefo No. of episodes22ReleaseOriginal networkBravoOriginal releaseAugust 2 (2020-08-02) –December 27, 2020 (2020-12-27)Season chronology← PreviousSeason 4Next →Season 6List of episod...

此條目没有列出任何参考或来源。 (2014年4月7日)維基百科所有的內容都應該可供查證。请协助補充可靠来源以改善这篇条目。无法查证的內容可能會因為異議提出而被移除。 王蕣华,琅邪郡临沂县(今山东省临沂市)人,太尉王俭孙女,齐和帝萧宝融皇后,初为随郡王妃、南康王妃。中兴元年(501年)萧宝融即位,立王蕣华为皇后。中兴二年(502年),齐和帝禅位梁武帝萧�...

 

Saint-Étienne-la-Varenne Saint-Étienne-la-Varenne Hành chính Quốc gia Pháp Vùng Auvergne-Rhône-Alpes Tỉnh Rhône Quận Quận Villefranche-sur-Saône Tổng Tổng Belleville Xã (thị) trưởng Daniel Basset(2008–2014) Thống kê Độ cao 278–620 m (912–2.034 ft)(bình quân 400 m (1.300 ft)[chuyển đổi: tùy chọn không hợp lệ]) Diện tích đất1 6,96 km2 (2,69 dặm vuông Anh) Nhân khẩu2 642  (2005) &...