Michael Moloney, nado en Limerick, Irlanda, o 15 de novembro de 1944 e finado o 27 de xullo de 2022, foi un músico e estudoso estadounidense de orixe irlandesa.[1] Foi o director artístico de varias xiras artísticas importantes e cofundou Green Fields of America.[2]
Traxectoria
Primeiros anos
O seu pai, Michael Moloney Sr., era xefe de control de tráfico aéreo do aeroporto de Shannon; a súa nai, Maura, traballaba como directora dunha escola primaria de Limerick. Moloney tocou por primeira vez o banxo tenor durante a súa adolescencia.[1] Estudou no University College Dublin, graduándose en economía.[3] Despois trasladouse a Londres para ser un traballador social que axudaba ás comunidades de inmigrantes, antes de unirse a The Johnstons.[3] Despois de tocar co grupo durante cinco anos, emigrou aos Estados Unidos en 1973. Inicialmente instalouse en Filadelfia e finalmente chegou a ser cidadán estadounidense.[3]
Carreira
Tres anos despois de se mudar aos EUA, Moloney cofundou Green Fields of America, un conxunto de músicos, cantantes e bailaríns irlandeses que realizou xiras por Estados Unidos en varias ocasións. Tamén foi director artístico de varias xiras artísticas importantes. Un deles foi o festival de 1985 en Manhattan titulado "Cherish the Ladies" para destacar as mulleres na área da música tradicional irlandesa, que fora dominada polos homes até esa década.[1] Produciu un álbum para o grupo feminino co mesmo nome titulado Irish Women Musicians in America . A líder do grupo, Joanie Madden, foi unha das futuras bolseiras da National Endowment for the Arts (NEA) que contou coa orientación de Moloney.[3] Produciu e interpretou en máis de 70 álbums e serviu como asesor de numerosos festivais e concertos en toda América,[2] co etnomusicólogo e músico Daniel T. Neely que acada a cifra de 125 álbums.[3]
Moloney realizou estudos de posgrao na Universidade de Pensilvania, obtivo un máster antes de ser doutor en Filosofía, centrando a súa tese en folklore and folk life (folclore e vida folclórica) en 1992. Ensinou etnomusicoloxía e estudos irlandeses na Universidade de Penn, Georgetown e Villanova.[2] Tamén foi profesor distinguido de música e estudos irlandeses na Universidade de Nova York até a súa xubilación.[3] En recoñecemento ao seu traballo no folclore público, recibiu en 1999 a National Heritage Fellowship da NEA.[1]
Obra escrita e audiovisuais
Ademais da interpretación musical, Moloney escribiu Far From the Shamrock Shore: The Story of Irish American History Through Song, publicado por Crown Publications en febreiro de 2002 cun CD suplementario en Shanachie Records.[4] Foi anfitrión de tres series sindicadas a nivel nacional que cubrían música folk na American Public Television.[5] Traballou como consultor, intérprete e entrevistado no especial de RTÉ Bringing It All Back Home, e tamén foi participante, consultor e arranxador musical de Out of Ireland, un documental de PBS. Moloney actuou no especial da PBS The Irish in America: Long Journey Home.[6]
Vida persoal e morte
Casou tres veces ao longo da súa vida. O seu primeiro matrimonio foi con Miriam Murphy. O seu segundo matrimonio foi con Philomena Murray. Xuntos, tiveron un fillo. Após o seu divorcio, casou con Judy Sherman, matrimonio que tamén terminou en divorcio.[7][8] Convivía coa súa parella Sangjan Chailungka no momento da súa morte. Durante os seus últimos anos, dividiu o seu tempo entre Greenwich Village [3][2] e Bangkok, onde residiu con Chailungka. Alí, foi voluntario como musicoterapeuta e profesor para nenos abandonados con VIH no Mercy Center dos barrios pobres de Khlong Toei, fundado polo sacerdote redentorista Joseph H. Maier.[3]
No seu pasamento, o New Yok Times destacou:
Mr. Moloney was passionate about exploring the connections between Irish, African, Galician and American roots music and organized many concerts and lectures highlighting those synergies.
O Sr. Moloney foi un apaixonado por explorar as conexións entre a música de raíz irlandesa, africana, galega e americana e organizou moitos concertos e conferencias destacando esas sinerxías.
[3]
Moloney morreu o 27 de xullo de 2022, na súa casa de Manhattan, despois de tocar no Maine Celtic Festival menos dunha semana antes. Tiña 77 anos; non se anunciou a causa da morte.[9]
Premios
- 1999 National Heritage Fellowship [3]
- 2000 Pew Fellowships in the Arts [10]
- 2013 Presidential Distinguished Service Awards for the Irish Abroad (Premios Presidenciais ao Servizo Distinguido de 2013 para os irlandeses no estranxeiro) [11] [12]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mick Moloney". www.arts.gov (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Davison, Phil (29 de xullo de 2022). "Mick Moloney, champion of Irish music, dies at 77". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2023.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Schweitzer, Vivien (2022-08-01). "Mick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ Moloney, Mick (2002). Far from the Shamrock Shore: The Story of Irish-American Immigration Through Song (en inglés). Crown Books. ISBN 978-0-609-60720-6.
- ↑ "If It Wasn't for the Irish and the Jews: Irish and Jewish Influences on the Music of Vaudeville and Tin Pan Alley". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ Byrne, James Patrick; Coleman, Philip; King, Jason Francis (2008). Ireland and the Americas: Culture, Politics, and History : a Multidisciplinary Encyclopedia (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 978-1-85109-614-5.
- ↑ "Mick Moloney obituary: Accomplished musician and folk music academic who had a huge influence in preserving and enhancing traditional music". independent (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Mick Moloney obituary: Banjo player and scholar with a driving passion for traditional and folk music". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Mick-Moloney-traditional-irish-musician-and-scholar-passes-away-at-77-death". snbc13.com.
- ↑ "2000 Grants - GRANT". The Pew Center for Arts & Heritage (en inglés). 2016-11-30. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "2013 Presidential Distinguished Service Awards - Department of Foreign Affairs". www.dfa.ie. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Winners of Presidential awards for Irish abroad named". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas