Michoacán
Michoacán, formalmente Michoacán de Ocampo (en purépecha: P'uɽempo), chamado oficialmente Estado Libre e Soberano de Michoacán de Ocampo, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 113 concellos e a súa cidade capital é Morelia (anteriormente chamada Valladolid). A cidade foi nomeada após José María Morelos, un dos heroes principais da guerra mexicana de independencia. Michoacán atópase no oeste de México, e ten un treito de costa no océano Pacífico ao suroeste. Limita cos estados de Colima e Xalisco ao oeste e noroeste, Guanajuato ao norte, Querétaro ao nordeste, o Estado de México ao leste, e Guerrero ao sueste. Na época prehispánica, a zona foi o fogar do Imperio Purépecha, que rivalizaba co Imperio Azteca no momento da invasión española. Despois da conquista española, o imperio converteuse nunha provincia separada que se fixo máis pequena durante o período colonial. O estado e os seus veciños xogaron un papel importante na guerra mexicana de independencia. Etimoloxía![]() O nome Michoacán provén do náhuatl: Michhuahcān [mit͡ʃˈwaʔkaːn] de michhuah [ˈmit͡ʃwaʔ] ("posuidor de peixes") e -cān [kaːn] (lugar de) e quere dicir "lugar dos pescadores" referíndose a aqueles que pescan no lago Pátzcuaro.[1] Notas
|