Mestrado en administración de negocios

Public Policy Institute e Masters of Business Administration da Universidade de Georgetown.

Un mestrado en administración de negocios, máster en administración de negocios, abreviado MBA (Master of Business Administrations en inglés), é un título académico de mestrado, e polo tanto de posgrao, en negocios.

Características

Polo xeral ten unha duración dun a tres anos académicos e as escolas de negocio poden ofrecelo en formato tempo completo ou parcial para os profesionais que compatibilizan os estudos dos MBA coa súa actividade profesional. Para os de formato de dous cursos, o primeiro ano dun MBA está orientado a adestrar no coñecemento do contexto empresarial e nas funcións operativas da empresa. O segundo ano, é máis especializado e busca capacitar en temas económicos e administrativos.

Tuck Hall, edificio administrativo principal da Tuck School of Business.

Para os profesionais con máis experiencia empresarial, hai unha modalidade denominada MBA Executivo (Executive MBA, en inglés), que polo xeral é un posgrao a tempo parcial.

Algúns dos programas de MBA permiten ós estudantes especializarse ou concentrarse nunha área (finanzas, mercadotecnia, loxística, negocios sustentables, recursos humanos, exportacións etc.). Os MBA son impartidos por escolas de negocios.

Historia

A primeira escola en ofrecer un MBA foi, no ano 1900, a Escola de negocios Tuck School of Business, situada en Nova Hampshire, Estados Unidos.

IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa) na Avenida de Madrid de Vigo.

Clasificacións

Existen múltiples clasificacións que valoran as escolas de negocios en función de diversos parámetros. Medios de comunicación especializados no mundo dos negocios como Financial Times, The Economist, Fortune ou Business Week valoran a calidade da ensinanza e os recursos empregados polas escolas mediante investigación propia, inquéditos ás escolas, ós alumnos e ós antigos alumnos.

Escolas de negocios sobranceiras

Algunhas das Escolas de negocios que habitualmente aparecen nos postos altos na maioría de clasificación son a Harvard Business School, University of Chicago Booth School of Business ou a London Business School. Hai tres escolas de negocios españolas que, segundo a maioría de clasificacións están entre as mellores de Europa, son ESADE, IESE, EADA (esta non está destacada habitualmente nas clasificacións) en Barcelona ou o Instituto de Empresa en Madrid.

En Galicia durante os últimos anos houbo dúas escolas de negocios: Escola de Negocios Caixanova e ITE Caixa Galicia, ambas pertencentes a Novacaixagalicia, trala fusión entre Caixanova e Caixa Galicia está por determinar que pasará con ambas escolas de negocios.

Véxase tamén

Ligazóns externas