Maureen O'Hara |
|
Nacemento | (en) Maureen FitzSimons 17 de agosto de 1920 Ranelagh (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda)
|
---|
Morte | 24 de outubro de 2015 (95 anos) Boise, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | morte natural |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Altura | 1,72 m |
---|
|
Campo de traballo | Actuación e canto |
---|
Ocupación | escritora, actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro, autobiógrafa, cantante, actriz |
---|
Período de actividade | 1938 - 2000 |
---|
Partido político | Partido Republicano |
---|
Xénero artístico | Wéstern |
---|
Instrumento | Voz |
---|
|
Cónxuxe | Charles F. Blair, Jr. (1968–1978) Will Price (1941–1952) George H. Brown (1939–1940) |
---|
Fillos | Bronwyn FitzSimons () Will Price |
---|
Irmáns | Charles B. Fitzsimons James O'Hara |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Maureen FitzSimons, nada en Dublín o 17 de agosto de 1920 e finada en Boise (Idaho) o 24 de outubro de 2015,[1] foi unha actriz irlandesa-estadounidense coñecida como Maureen O'Hara.
Traxectoria
Naceu nun suburbio de Dublín, sendo a segunda de seis irmáns. Entre os seis e os dezasete anos estudou arte dramática, música e danza, e aos dez anos uniuse a unha compañía de teatro afeccionado. Unha proba chamou a atención do actor Charles Laughton, especialmente pola expresividade dos seus ollos. Grazas a Laughton e ao seu socio Erich Pommer O’Hara conseguiu un contrato de sete anos coa Mayflower Pictures. Laughton tamén lle conseguiu o papel de Esmeralda en The Hunchback of Notre Dame que se rodou en Hollywood.
A chegada da segunda guerra mundial fixo que Laughton considerase que non era posible manter o contrato de O’Hara en Londres e pasouna á RKO, que lle deu papeis en filmes de pouco orzamento. Destes filmes salvouna John Ford, que lle deu o papel de Angharad en Que verde era o meu val.
Dona dunha voz de soprano, en 1960 estreou o musical de Broadway Christine e ese mesmo ano gravou dous discos de éxito. Retirouse da interpretación en 1971, pero volveu vinte anos máis tarde para interpretar a nai de John Candy en Only the Lonely.
Desde que sufriu un infarto en 2005, viviu principalmente en Glengarriff (Condado de Cork) antes de trasladarse a Idaho.[2]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas