Matilda (en inglés: Roald Dahl's Matilda the Musical, ou simplemente Matilda the Musical) é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Matthew Warchus a partir dun guión de Dennis Kelly. Baséase na obra musical homónima de Tim Minchin e Kelly, que á súa vez está baseada na novela de 1988, Matilda de Roald Dahl. É a segunda adaptación cinematográfica da novela, logo de Matilda (1996). Está protagonizado por Alisha Weir no papel principal, xunto a Lashana Lynch, Stephen Graham, Andrea Riseborough, Sindhu Vee e Emma Thompson. No filme, Matilda Wormwood (Weir), que é descoidada e maltratada polos seus pais (Graham e Riseborough), desenvolve habilidades psicocinéticas para tratar coa Miss Trunchbull (Thompson), a desapiadada e cruel directora da escola Crunchem Hall.
Estreouse en Netflix o 25 de decembro de 2022, onde conta con opción de subtitulado en galego.[2]
Personaxes
- Alisha Weir como Matilda Wormwood
- Emma Thompson como Miss Agatha Trunchbull
- Lashana Lynch como Miss Honey
- Amber Adeyinka como Miss Honey de nena
- Stephen Graham como Mr Wormwood
- Andrea Riseborough como Mrs Wormwood
- Sindhu Vee como Mrs Phelps
- Carl Spencer como Magnus
- Lauren Alexandra como a acróbata
- Winter Jarrett-Glasspool como Amanda Thripp
- Andrei Shen como Eric
- Ashton Robertson como Nigel
- Meesha Garbett como Hortensia
- Charlie Hodson-Prior como Bruce Bogtrotter
- Rei Yamauchi Fulker como Lavender
- Katherine Kingsley como a irmá da acróbata
- Matt Henry como o doutor
Notas