Stephen Graham, nado o 11 de xuño de 1982 en Wilmington, Delaware, é un xogador americano de baloncesto profesional. Tras xogar o seu ano sénior na universidade de Oklahoma State, Graham apuntouse ao draft de 2005. Con todo, non foi elixido. Xogou para os Phoenix Suns na Summer League de Las Vegas, e logo para os San Antonio Spurs durante a pretempada de 2005, pero ningún equipo lle ofreceu contrato. Asinou polos Sioux Falls Skyforce dunha liga menor, onde chegou a xogou a All-Star desa liga, a CBA.
Traxectoria deportiva
Profesional
Graham asinou polos Houston Rockets o 10 de decembro de 2005, pero foi cortado o 29 de decembro tras xogar seis partidos.[1]
Tras volver a xogar nos Skyforce, asinou un contrato de 10 días cos Chicago Bulls o 17 de xaneiro de 2006.[2] Xogou o seu primeiro partido cos Bulls tres días despois contra os Rockets. En cambio, Graham xogou moi pouco con Chicago, e o seu contrato non foi estendido cando rematou.
O 6 de febreiro, Graham asinou un contrato de 10 días cos Cleveland Cavaliers.[3] O 20 de febreiro, asinou un segundo contrato de 10 días,[4] e despois un para o resto da tempada.[5]
Os dois primeiros meses da tempada 2006-07 estivo nos Portland Trail Blazers, pero foi cortado o 2 de xaneiro de 2007, e foi xogar outra vez aos Skyforce en Dacota do Sur, que nese intre formaba parte xa da D-League.
En xullo de 2007, asinou cos Indiana Pacers da NBA.[6]
Asinou cos Charlotte Bobcats en setembro de 2009.[7]
O 15 de setembro de 2010, Graham asinou cos New Jersey Nets.[8]
Notas
Ligazóns externas