Mathieu van der Poel![]() Mathieu van der Poel, nado en Kapellen,Bélxica o 19 de xaneiro de 1995, é un ciclista profesional holandés que compite nas modalidades de ciclocrós, bicicleta de montaña e ruta militando nas filas do Corendon-Alpecin. BiografíaAínda que foi nado en Bélxica, Mathieu provén dunha familia de ciclistas profesionais. O seu irmán máis vello, David, é compañeiro de equipo de Mathieu xa que tamén foi unha promesa no ciclocrós, de feito, logrou o campionato holandés sub-23 en 2013. O seu pai Adri van der Poel foi un gran ciclista que conseguiu importantes vitorias. Logrou o campionato mundial de ciclocrós en 1996 e seis campionatos nacionais dos Países Baixos. Pero ademais tamén correu na ruta, onde logrou dúas vitorias de etapa no Tour de Francia e tamén varias vitorias en clásicas. E por se non fose pouco, seu avó materno foi Raymond Poulidor, o famoso ciclista francés coñecido como "o eterno segundón" que rematou segundo en tres Tours de Francia e gañou a Volta a España 1964. En 2024 foi bronce no Mundial en estrada.[1] TraxectoriaCiclocrósNo ciclocrós, ten tres títulos mundiais (2015, 2019 e 2020), unha prata (2016) e un bronce (2018). Cinco campionatos holandeses (2015-2020). Dentro das categorías inferiores, Mathieu arrasou, sobre todo en xúniors, xa quen logrou 2 campionato mundiais xúnior e 2 europeos xúnior de ciclocrós. Dentro do ciclocrós mantén unha importante rivalidade co belga Woult van Aert que ele arrebatou contra pronostico os títulos mundiais de 2017 e 2018. Esa mesma rivalidade pasou posteriormente ás carreiras en estrada[2]. EstradaNa disciplina de ruta a pesar de ser un ciclista prometedor dende que foi campión do mundo júnior no 2013 acadou resultados discretos ata o ano 2017 comezou a ter un calendario específico en estrada. Destaca en probas clásicas. En 2017 conseguiu a vitoria na clasificación xeral en Boucles de la Mayenne, mais dúas etapas, ademais de gañar unha etapa na Volta a Bélxica e outras vitorias menores. 2018 vai a ser o ano da súa confirmación acadando a campionato nacional de Holanda e repetindo primeiro posto nos Boucles de la Mayenne. Cae tamén o seu favor o Tour de Limburgo e dúas tiradas da Artic Race de Noruega. Nos campionatos de Europa vai rematar so por detrás do italiano Matteo Trentin. En 2019 lucindo ás cores de campión nacional vai ser o ano da súa explosión converténdose nun dos ciclistas mais admirados polo público grazas á vitorias como a da Amstel Gold Race onde entrando no último quilómetro da proba nun grupo atrasado da cabeza de carreira e lanzando un esprint desde mol lonxe conseguiu cruzar a linamos de meta o primeiro. Sumaría vitorias en Brabantse Pijl e Dwars door Vlaanderen ademais da primeira posición en etapas da Artic Race, Tour de Anatolia, Circuit de la Sarthe e tres mais no Tour of Britain onde acadaría tamén a clasificación xeral[3]. No Campionato do mundo de Yorkshire de 2019[4], que se realizou nunhas condicións meteorolóxicas durísimas e no que Van de Poel era un dos máximos favoritos, protagonizou un dos momentos estelares cando estando a dez quilómetros de meta nun grupo de cinco corredores que incluía a Gianni Moscon e Matteo Trentin de Italia, Stefan Küng de Suíza e Mads Pedersen quedou absolutamente sen folgos e cortouse do grupo perdendo todas as súas posibilidades. PalmarésCiclocrós
*:competición en curso Ruta
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas
|