Martiño o Mozo

Modelo:BiografíaMartiño o Mozo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Martí Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Martí Robert Editar o valor en Wikidata
25 de xullo de 1374 Editar o valor en Wikidata
Principado de Cataluña, Coroa de Aragón Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 1409 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Cagliari, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Cagliari Editar o valor en Wikidata
Rei de Sicilia
25 de maio de 1401 – 25 de xullo de 1409
← María de SiciliaMartiño I de Aragón →
Consorte de Sicilia
1392 – 25 de maio de 1401
← Antônia do Balzo (pt) TraducirBranca I de Navarra → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Luna (1348) (1406–1409)
Señor de Segorbe Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Aragón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBranca I de Navarra (1403 (Gregoriano)–)
María de Sicilia (1390 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaAgatuccia Pesce
Tarsia Rizzari Editar o valor en Wikidata
FillosPedro de Aragão, herdeiro da Sicília
 () María de Sicilia
Iolanda de Aragão, Condessa de Niebla, fillo ilexítimo
 () Agatuccia Pesce
Federico de Luna, fillo ilexítimo
 () Tarsia Rizzari
Martiño de Aragón
 () Branca I de Navarra Editar o valor en Wikidata
PaisMartiño I de Aragón Editar o valor en Wikidata  e María de Luna Editar o valor en Wikidata
ParentesEugénie de Montijo, descendente Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
13 de abril de 1398coroación (Catedral de Palermo) Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Sicilia-32

Martiño I de Sicilia, coñecido como Martiño o Mozo, nado en Perpiñán, no Principado de Cataluña, en 1374, 1375 ou 1376, segundo as fontes, e finado en Cagliari, Reino de Sardeña (da Coroa de Aragón) o 25 de xullo de 1409,[1] foi un Infante de Aragón, o III Conde de Luna e rei de Sicilia entre 1390 e 1409, polo seu matrimonio coa raíña María I de Sicilia.

Traxectoria

Martiño foi o primeiro dos catro fillos de Martiño I de Aragón e da súa primeira esposa, María de Luna, filla e herdeira do Conde de Luna. Era, por tanto, neto de Pedro o Cerimonioso e sobriño de Xoán I de Aragón.

En 1390 casou con María de Sicilia, a quen lle retornou o reino de Sicilia, recuperándoo mediante a forza militar contra un grupo de baróns rebeldes.[2] Aproveitando un complicado momento político no que houbo varios actos antixudeus en 1392 que o rei Martiño fixo amortecer apoándose na bula Sicut Judaeis, actualizada polo papa Martiño IV en 1281.[3]

Martiño foi coroado como rei de Sicilia o 13 de abril de 1398 en Palermo.[4]

Reinou conxuntamente coa súa muller até a morte desta en 1402. Despois rexeitou o tratado de 1372 asinado polo rei anterior, Frederico III de Sicilia, e gobernou en solitario. Deste primeiro matrimonio naceu un fillo, o infante Pedro de Sicilia (1394-1400).

En 1398 foi declarado sucesor de seu pai poas Cortes, despois de que o soberano aceptara que o príncipe se presentara no momento oportuno a xurar o estatuto de unión dos reinos de Aragón e Valencia e do condado de Barcelona, así como os seus foros.[5]

Martiño O Mozo casou en segundas nupcias con Branca de Navarra, herdeira da familia Evreux e futura raíña de Navarra (Branca I). Deste matrimonio tivo outro fillo, o infante Martiño de Aragón (1403-1407).

Dirixiu as tropas da conquista de Sardeña e, en 1409, venceu definitivamente ás autoridades de Arborea na batalla de Sanluri, xusto antes da súa morte por enfermidade na cidade de Cagliari.

A súa tumba encóntrase na catedral desta cidade.

Como ningún dos fillos nacidos dos seus matrimonios sobreviviuno, o único descendente que deixou foi un fillo ilexítimo, Federico de Luna, que tivo coa súa amante Tarsia Rizzari.[6]

Martiño I de Aragón, coñecido como Martiño o Vello, intentou nomear ao seu neto ilexítimo como sucesor da Coroa de Aragón, pero non obtivo suficiente apoio e, no compromiso de Caspe, a candidatura deste foi definitivamente rexeitada a favor da de Fernando de Antequera.

Descendencia

Martiño tivo un herdeiro, morto precozmente, de María de Sicilia, un de Branca e dous fillos de dúas amantes:[7][8]

Antepasados de Martiño o Mozo

Mausoleo de Martiño o Mozo, no transepto da Catedral de Cagliari.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xaime II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
8. Afonso IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Branca de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
4. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Gombald de Entensa
 
 
 
 
 
 
 
9. Teresa de Entensa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Constanza de Attillon
 
 
 
 
 
 
 
2. Martiño I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Frederico III de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Lionor de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
5. Eleonor de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Otón III de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
11. Isabel de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Eufemia de Legnica
 
 
 
 
 
 
 
1. Martiño o Mozo
(Martiño I de Sicilia)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Lope de Luna, conde de Luna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. María de Luna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Brianda de Got (ou de Agasunt)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
María I de Sicilia
Rei de Sicilia
Con María I até 1402

1390-1409

Sucesor:
Martiño I de Aragón
(Martiño II o Vello)

Notas

  1. Calendario xuliano.
  2. Nef 2013, p. 342.
  3. Simonsohn 2011, p. 102.
  4. Francesco Aprile (1725): Della cronologia universale della Sicilia, p. 207.
  5. Aldama, Dionisio de, e García González, Manuel (1862): Historia general de España desde los tiempos primitivos hasta fines del año 1860. Volume 5. Madrid, pp. 70-71.
  6. 6,0 6,1 Tarsia Rizzari en geni.com (en castelán).
  7. Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  8. Casa de Barcelona. Xenealoxía Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
  9. Agathe de Pesce en geneanet.org (en francés).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas