Ao longo dos seus cinco séculos de vixencia (desde o Século XI até o Século XVI) gobernaron vinte e un monarcas, mantendo, en liñas xenais, unha certa proxección mediterránea e unha política de acercamento a Francia e a outras grandes casas reais europeas.[1]
Orixes
A actual rexión de Aragón vivía, entre os séculos VIII e X unha certa autonomía que emanaba da súa resistencia aos musulmáns que invadiron a Península Ibérica. Tratouse dunha fase de transición dun protofeudalismo a un Estado Feudal, e todos os enclaves da zona mantiñan dinastías propias, aínda que frecuentemente enlazadas entre si.[1]
A orixe da casa de Aragón está en Sancho III o Maior (1004-1035) que, tras un reinado esplendoroso no que obtivo gran número de territorios decidiu dividilos á súa morte entre os seus fillos. Así, en 1035, dexaría ao seu fillo Ramiro o territorio de Aragón, que pasou ao seu descendente Sancho Ramírez xa convertido en Reino.
Etapas
As tres etapas, definidas pola historiografía actual,[1] apuntan a tres momentos claves: os primeiros pasos da casa, a súa asunción da casa de Barcelona e a inclusión nos Trastámara. Nos tres momentos seguiríase mantendo conciencia de casa de Aragón.[1]
Entre 1035 e 1164 consolídase unha dinastía forte, pero de influencia unicamente no ámbito aragonés. Por iso hai que prestar atención ao último enlace desta dinastía, entre Petronila e Ramón Berenguer IV de Barcelona, que se celebrou conforme ao dereito aragonés, nun tipo de matrimonio mediante o cal o marido integrábase na casa como un membro de pleno dereito (segundo a fórmula xurídica tradicional do "casamento na casa").[2]
En calquera caso, esta unión propicia, a través do seu sucesor, o paso a unha nova etapa, na que os reis da casa de Aragón gobernarían conxuntamente Aragón e o Condado de Barcelona.[3]
Ao longo dsta dilatada etapa estimulouse e rematouse a reconquista, empezando polos macizos montañosos de Teruel e finalizando en Valencia en 1245.[3]
En todo caso, a pesar do paso dos anos os catro territorios da Coroa, Aragón, Barcelona, Mallorca e Valencia, seguiron conservando as súas identidades.[3]
O reinado de Pedro III (1276-1285) é de importancia capital para a proxección mediterránea da casa, dados os seus intereses en Sicilia.[3]
Neste sentido, a unión de Fernando con Isabel I de Castela supuxo a unión de Castela e Aragón. A filla de ambos os monarcas, popularmente coñecida como Xoana ''a Tola'', a través do seu matrimonio con Filipe de Habsburgo, chamado o Fermoso, deu paso á implantación dunha nova Casa Real en Aragón, os Austrias, poñendo fin definitivamente a unha conciencia de casa de Aragón que si se mantivera na época dos Trastámara.[4]
↑ 2,02,1Menéndez Pidal de Navascués, Faustino (2000), pp. 97-99.
↑ 3,03,13,23,3García de Cortázar, J. Á. e Sesma Muñoz, J. Á. (2003). Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa (3ª ed.). Madrid: Alianza Editorial. pp. 408–409. ISBN84-206-8690-5.
↑«No que fai á cuestión heráldica, dado que [..] non hai dúbida de que o primeiro posuidor dos paus de ouro e gules foi Ramón Berenguer IV, non pode habela tampouco de que este emblema persoal o era entón (1150) dun membro da casa de Aragón, dentro da cal fíxose símbolo hereditario a partir da súa adopción polos tres fillos de aque, Afonso, Pedro e Sancho». Alberto Montaner Frutos (1995): El señal del rey de Aragón: Historia y significado. Zaragoza: Institución «Fernando el Católico», páxs. 27-28. ISBN 978-84-7820-283-8.
Fluvià i Escorsa, Armand (1995): Els Quatre Pals. L'escut dels Comtes de Barcelona. Barcelona: Ed. Rafael Dalmau Editor (Episodis de la Història, 300). ISBN 84-232-0478-2(en catalán).
Menéndez Pidal de Navascués, Faustino (2000): Símbolos de España. Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. ISBN 978-84-259-1110-1(en castelán).
Antonio Durán Gudiol: "El rito de la coronación del rey en Aragón". Argensola: Revista de Ciencias Sociales del Instituto de Estudios Altoaragoneses, ISSN 0518-4088, Nº 103, páxs. 17-40. (ler completo en PDF) (en castelán).