Marta Cristina Dahlgren Thorsell, nada en Vanersborg en 1941, é unha profesora e tradutora sueco-galega.
Traxectoria
Chegou a Galicia en 1967. Tras a crianza das dúas fillas (unha delas é a artista viguesa Elena Gómez Dahlgren), cursou estudos universitarios en Vigo e máis tarde en Compostela[1]; doutorouse con sobresaíante cum laude en Filoloxía Inglesa (coa tese Narrators and Reflectors in Works by William Faulkner) e quitou a praza como profesora titular de inglés na Universidade de Vigo, onde impartiu a docencia dende 1992 até a súa xubilación en setembro de 2009[2]. Previamente, entre 1981 e 1992, exercera como profesora de inglés técnico na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo.
Aprendeu a lingua galega durante a súa etapa como profesora universitaria.
Na súa faceta de tradutora dende o sueco, foi galardoada en 2002 co premio de Tradución outorgado pola Área de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, pola obra Os irmáns de Corazón de León, traducida canda Liliana Valado; así mesmo, en 2016 recibiu o XV Premio Plácido Castro pola súa tradución ao galego de Kallocaína, unha novela de Karin Boye[3][4].
Até 2020, foi coeditora da revista especializada Vigo International Journal of Applied Linguistics.
Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do PEN / Let's Call Our Language Voice of Freedom: Prose writers of Galician PEN. Editorial Danú, 2005.
Casa de bonecas, de Henrik Ibsen[7]. Edicións Xerais de Galicia, 2007.