María Soledad Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha científica galega especialista en microbioloxía e recoñecida investigadora a nivel mundial sobre o melanoma. Dende 2008 lidera o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, equipo que vén traballando dende 2017 en torno ao papel que a proteína midkina xoga na metástase do melanoma[1][2][3].
Traxectoria
Comezou a estudar na Universidade da Coruña e especializouse en Microbioloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Obtivo o título de doutora con honores polo estudo dos mecanismos moleculares de replicación do ADN no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa.[4] Nese centro participou no lanzamento da startup Bioncotech Therapeutics (2010) unha empresa con sede en Paterna que traballa no desenvolvemento de tratamentos contra o cancro a partir de ARN. No laboratorio deste centro formouse xunto a Margarita Salas.[5]
De 1997 a 2002 foi investigadora no Laboratorio Cold Spring Harbor (Long Island, estado de Nova York) analizando os mecanismos da morte celular e a súa implicación no melanoma.[4]Tamén desenvolveu investigación na Universidade de Míchigan.
Dende 2008 é responsable do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).[4]
En 2022 ingresou na RAGC como académica correspondente xunto a Ana Cebreiro Gómez. [6]
En 2023 foi nomeada presidenta da Asociación Española de Investigación contra o Cancro (AsEICa).
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[7]
Premios e recoñecementos
- Premio María Josefa Wonenburger Planells, 2009 [8]
- Premio Estela Medrano, da Sociedade para a Investigación do Melanoma, 2017 [3]
- Premio Excutivas de Galicia, 2017 [3]
- Premio Constantes y Vitales, 2017 [3]
- XXVI Premio Fundación Carmen e Severo Ochoa polos seus estudos sobre o melanoma e o seu impacto sobre os pacientes afectados por estes tumores.[9]
- LXV Premio Fernández Latorre 2023 pola súa brillante traxectoria na loita contra o melanoma.[10]
Notas
- ↑ Cerezo-Wallis, Daniela; Contreras-Alcalde, Marta; Troulé, Kevin; Catena, Xavier; Mucientes, Cynthia; Calvo, Tonantzin G.; Cañón, Estela; Tejedo, Cristina; Pennacchi, Paula C. (2020-10-19). "Midkine rewires the melanoma microenvironment toward a tolerogenic and immune-resistant state". Nature Medicine (en inglés): 1–13. ISSN 1546-170X. doi:10.1038/s41591-020-1073-3.
- ↑ Garrido, A. (19 de putubro de 2020). "Un equipo del CNIO descubre cómo el melanoma ‘engaña’ a los mecanismos de defensa del organismo y aumenta la resistencia a la inmunoterapia". CNIO (en castelán). Consultado o 03 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Romar, R. (27 de outubro de 2017). "Marisol Soengas: «Vamos a poder predecir el riesgo de metástasis de un melanoma»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 03 de decembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "María S. Soengas". CNIO (en inglés). Consultado o 03 de decembro de 2020.
- ↑ Rey, Manuel (2018-05-30). "Marisol Soengas: "O melanoma é o campión das mutacións, e por iso é tan agresivo"". GCiencia. Consultado o 03 de de decembro de 2020.
- ↑ Redacción (2022-02-10). "A Real Academia Galega de Ciencias incorporará cinco académicas en 2022". GCiencia. Consultado o 2022-02-12.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ mauleón, amaia (12 de decembro de 2009). ""Las científicas no estamos discriminadas, pero somos muy peleonas"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 03 de decembro de 2020.
- ↑ www.axel-k.com (2021-11-16). "Marisol Soengas, Premio Carmen y Severo Ochoa 2021". CNIO (en castelán). Consultado o 2021-11-22.
- ↑ Romar, R. (2023-07-25). "La científica Marisol Soengas obtiene el Premio Fernández Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-25.
Véxase tamén
Ligazóns externas