GCiencia é un periódico de divulgación científica en lingua galega fundado en 2013[1] polos xornalistas Pablo López e Eduardo Rolland[2], que se atopa entre os medios dixitais máis seguidos de Galicia. O seu obxectivo consiste en dar a coñecer as novidades e avances no mundo da ciencia, especialmente en Galicia, con contidos que se estenden á tecnoloxía, a saúde, as universidades, a historia e o pensamento.
A lingua galega é o idioma preferente da gran maioría dos seus contidos xornalísticos, principalmente escritos, pero tamén audiovisuais, en streaming ou formato podcast. GCiencia exerce ademais como un axente de divulgación a través doutras actividades como a convocatoria de premios, a organización de obradoiros, ciclos de conferencias, edición de revistas en papel e exposición, entre outras.
Conta cunha comunidade de máis de 100.000 seguidores en redes sociais, 71.000 deles en Facebook, o que o converte no terceiro medio con maior alcance en Galicia nesta rede social, incluídos os xeneralistas.
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas