Ana Cebreiro Gómez, nada en Ferrol en 1971, é responsable de tributación internacional no Banco Mundial.[1]
Traxectoria
Ana Cebreiro é licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou o doutoramento en Barcelona e despois de dous anos trasladouse a Inglaterra á Universidade de Essex. Traballou nove anos na OCDE, no centro de política e administración tributaria e no 2013 empezou a traballar para o Banco Mundial. [2][3]
En 2022 ingresou como académica correspondente da Real Academia Galega das Ciencias.[4]
Notas