Marcial Suárez Fernández, nado en Allariz o 15 de febreiro de 1918 e finado na Aguieira (Porto do Son) o 26 de agosto de 1996, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Fixo o bacharelato universitario en Ourense e cursou estudos na Normal. Despois da Guerra Civil trasladouse a Madrid. Foi redactor de Radio Madrid durante catorce anos. Foi mestre e xornalista, colaborador de diversos medios de comunicación, en 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.
Obras
- La llaga, 1948.
- Calle de Echegaray, 1950.
- El agua y el vino, 1988.
- Dios está lejos, 1988.
- Allariz, 1991.
Obra en galego
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas