Marcial Maciel Degollado, nado en Michoacán o 10 de marzo de 1920 e finado en Florida o 30 de xaneiro de 2008, foi un sacerdote mexicano, fundador da asociación segrar Regnum Christi e da congregación católica Legionarios de Cristo e un abusador de menores.
Traxectoria
Foi acusado como abusador sexual por algúns membros da congregación e estudantes dos establecementos dos lexionarios, particularmente a partir de 1997.[ En 2006, como resultado dun proceso canónico interrompido, o Vaticano indicou o retiro de Maciel do ministerio sacerdotal. En 2009 o Vaticano aceptou que Maciel era pai dunha moza española e posteriormente a Axencia EFE deu a coñecer que o sacerdote michoacano era adicto ao demerol e á morfina. A través dun comunicado en febreiro de 2010, a Lexión de Cristo recoñeceu as acusacións de abuso sexual a menores e desvinculouse do seu fundador.
Véxase tamén
Ligazóns externas