Manuel Outumuro

Modelo:BiografíaManuel Outumuro

Outumuro no seu estudio en Barcelona
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
A Merca, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspañol
Actividade
OcupaciónFotógrafo

BNE: XX1577490


Manuel Outumuro Conde, nado na Merca o 9 de setembro de 1949, é un fotógrafo galego.[1]

Traxectoria

A moi curta idade trasladouse a Barcelona, onde se formou como deseñador gráfico na Escola Massana. Barcelona é a cidade na que sempre residiu, exceptuando unha paréntese de catro anos en Nova York. Foi colaborador da revista Por Favor e director de arte do suplemento La Vanguardia-Mujer. Impartiu clases en EINA durante cinco anos na modalidade de Dirección de Arte. Foi membro da xunta directiva do ADG-FAD (Associació de Dissenyadors Gràfics do Foment de lles Arts i o Disseny). Durante os anos que residiu en Nova York, colaborou como deseñador gráfico e ilustrador en diferentes publicacións. En 1990 inicia a súa actividade como fotógrafo.

O seu estudio de Barcelona creou a imaxe gráfica e comunicación visual de famosos deseñadores de moda. Como fotógrafo publicou en diferentes revistas internacionais (Vogue, Elle, Zest) e españolas (Telva, Fotogramas, Woman, La Vanguardia, el Mundo, Elle, El País e especialmente e dunha forma continuada en Marie Claire). A cámara de Outumuro é unha testemuña excepcional documentando a historia da indumentaria neste último cambio de século. As súas fotografías de moda, organizadas nun amplo arquivo con máis de 10.000 negativos e unha gran cantidade de material dixital, constitúen un documento único que reflicte unha parte da historia da moda nestes últimos vinte anos. Este material segue ampliándose coas súas continuas colaboracións en diversas publicacións.

Noutra vertente, o seu arquivo constitúe tamén unha memoria visual única onde se atopa gran parte da historia do cine español dos últimos 25 anos. Por diante da cámara de Outumuro pasaron e seguen pasando case todos os actores, actrices e directores do noso cine, así como un gran número de personalidades de diferentes ámbitos culturais.

Entre os seus últimos proxectos, cabe destacar o ser comisionado polo Ministerio de Cultura e a Fundación Balenciaga para fotografar os traxes históricos do novo Museo Cristóbal Balenciaga.

Foi galardoado en varias edicións cos premios Lux de Ouro da Asociación de Fotógrafos Profesionais e recibiu varios Laus de Ouro. Foi distinguido co premio ARI como mellor fotógrafo do ano 2002 outorgado pola Asociación de Editores de Revistas de Información. O seu estudio de Barcelona, asentado no Palacio Palmerola (século XVII), recibiu o Premio ACCA 2002 (Associació de Crítics d’Art de Catalunya) á iniciativa privada da recuperación do patrimonio.[2]

En 2022 recibiu no Carnegie Hall de Nova York un premio Lucie pola súa traxectoria no mundo da fotografía de moda.[3]

Exposicións

  • 1990: FIFTEEN OF MY FIFTY WITH TIFFANY (F.I.T, Fashion Institute of Technology, Nova York). Comisario da retrospectiva que esta prestixiosa institución dedicou á deseñadora de xoias Elsa Peretti.
  • 1996: ACTORES -individual- (Galería Marisa Marimón). Colección de retratos de actores e actrices do cine español. E traballa na preparación dun libro recompilatorio destas imaxes.
  • 2001: BARCELONA OUTRA VISIÓN -individual- (Galería Vinçon). Unha mirada insólita a unha Barcelona inédita a través dunha colección de imaxes que captan non só a arquitectura, senón tamén diferentes sensacións e momentos de luz na Cidade Condal.
  • 2003: FLUÍDOS -individual- (Compact Art Gallery). Unha colección de 20 fotografías onde o cromatismo das anilinas debuxan sobre a auga suxestivas formas abstractas.
  • 2003: TRAS EL ESPEJO -colectiva- (Museo de Arte Raíña Sofía, Madrid). Selección de varias fotografías para ilustrar a grande exposición retrospectiva que este museo dedicou á historia da Moda en España.[4]
  • 2004: VITRINA DEL FOTÒGRAF -individual- (Palacio Robert). Esta pequena galería foi sempre un referente no mundo da fotografía en Barcelona. Outumuro expuxo nela unha serie de material fotográfico procedente do seu arquivo composto por: polaroid, contactos, probas de laboratorio etc. Podería dicirse que son fotografías realizadas para conseguir “a fotografía”. Desta exposición xurdiu a idea de publicar o libro TEST.
  • 2005: GENIO Y FIGURA (Museo de Arte Moderna Saitama, Tokio). Patrocinada pola S.E.E.I e o Ministerio de Cultura de España. O compromiso de Outumuro co mundo da “arte e a moda”, levouno a proxectos como o comisariado de GENIO Y FIGURA. La Influencia de la Cultura Española en la Moda. Pinturas orixinais de Picasso, Miró, Casas, Julio Romero de Torres, Anglada Camarasa etc, até un total de 40 obras de arte, compartindo espazo con 60 traxes de grandes deseñadores internacionais que nalgunha ocasión inspiráronse no español.
  • 2006: GENIO Y FIGURA (Museo do Traxe, Madrid). Comisariado da itinerancia da exposición presentada anteriormente no Xapón.
  • 2007: ESPEJOS DEL ALMA -colectiva- . O retrato fotográfico na España dos nosos días. Exposición colectiva organizada pola Consellería de Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid a través da Dirección Xeral de Arquivos, Museos e Bibliotecas.[5]
  • 2008: -individual- (Festival de Cine de San Sebastián). Serie de fotografías onde 30 actores do cine español recrean secuencias míticas de grandes películas da historia da sétima arte.
  • 2009: REMAKES II -individual- (Festival de Cine de San Sebastián). Unha colección de fotografías seguindo co concepto da exposición realizada no 2008.[6]
  • 2009: TEMPO ATOPADO -individual- (Museo Municipal de Ourense). Unha serie de 60 fotografías onde o autor descobre os resultados extraídos do seu libro “Test”.
  • 2010: OUTUMURO LOOKS, VINTE ANOS FOTOGRAFANDO MODA -individual- (Museo do Deseño de Barcelona). Retrospectiva de Outumuro organizada polo Ajuntament de Barcelona a través do DHUB (Disseny Hub Barcelona). Recompilación de 250 fotografías de moda disparadas entre 1990 e 2010.[7][8] Xullo de 2010: Primeira itinerancia na sala de exposicións do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
  • 2010: DEL OJO QUE SE RESGUARDA EN LOS MARES -colectiva- (Galería Raíña Lupa).[9] Mostra colectiva con varios fotógrafos e vídeo artistas (Isabel Coixet, Francesc Torres, David Liventhal, Vari Caramés etc) representados pola galería.
  • 2011: MIRAR Y PENSAR BALENCIAGA -individual- (Sala Boulevard Kutxa, San Sebastián). 60 imaxes de gran formato seleccionadas de entre as máis de 250 realizadas por Outumuro para o catálogo da Colección Permanente do Museo Cristóbal Balenciaga.[10]
  • 2011: 49 TESTS -individual- (Galería Raíña Lupa).Unha tirada especial de 49 fotografías numeradas e asinadas polo autor, extraídas do seu libro TEST.[11]
  • 2012: MIRAR Y PENSAR BALENCIAGA -individual-. Primeira itinerancia de abril a xuño de 2012 na Fundación NovaCaixa Galicia e posteriormente no Museo do Traxe de Madrid xuño a setembro de 2012.
  • 2012: VER O NO VER -individual- (Casa América, Madrid).[12] Unha colección de 50 retratos de diferentes personaxes do mundo cultural, o deporte e a ciencia nunha acción solidaria para a Fundación Ollos do Mundo.
  • 2013: OUTUMURO. LOOKS -individual- (Multimedia Art Museum, Moscova (MAMM)).[13] De 8 de marzo ao 3 de abril a mostra expúxose dentro da bienal "Fashion and Style in Photography", concretamente na mítica sala Central Exhibitions Hall Manege.
  • 2013: BARCELONA PRÊT A PORTER, 1958-2008 -colectiva- (Palacio Robert).[14] Mirada retrospectiva a 50 anos de moda catalá a través da indumentaria e a fotografía.
  • 2013: A COP D'ULL -lameva.barcelona.cat- (Palacio da Virreina).[15] Exposición fotográfica colectiva que recolle a cultura visual fotográfica de Barcelona na última década.
  • 2014: OUTUMURO. LOOKS -individual- (Museo Etnográfico de Castela e León).[16]
  • 2015: ESTAR O (TALVEZ) SOÑAR, figurados, figuraciones, figurantes -individual- (Fundación Iberdrola). A creación en Euskadi a través da obra dos museos da Comunidade Autónoma Vasca: pintura, collage, escultura, gravado etc, incluíndo 8 fotografías de gran formato de Outumuro para Balenciaga.
  • 2015: DISTINCION. Un século de fotografía de moda -colectiva- Museo do Deseño de Barcelona.[17] Mostra de fotografías dos 35 autores que forman parte da colección permanente do museo.
  • 2015: LAST YEAR AT MARIENBAD -colectiva- (Kunsthalle Bremen). Unha homenaxe ao enigmático filme de Alain Resnais e a súa influencia en varios artistas como Cindy Sherman, Jeff Koons, Alex Katz, Rober Longo, Kota Ezawa, Karl Lagerfeld e Outumuro entre outros.
  • 2016: LAST YEAR AT MARIENBAD -colectiva- Galería Rudolfinum, Praga.[18]
  • 2016: CRISTÓBAL BALENCIAGA, PENSAMENTOS FOTOGRÁFICOS Museo de Arte Moderna, MAMM, México.[19]
  • 2016: CON-FIO EN GALICIA -colectiva- Centro Gaias, Cidade da Cultura de Galicia. Historia da moda feita en Galicia. Ademais de indumentaria inclúese unna colección de fotógrafos de moda galegos.
  • 2016: OUTUMURO BCN RETRATS -individual- (Palacio Robert). Unha colección de 80 retratos de personaxes vinculados con Barcelona.
  • 2018: !MODA! EL DISEÑO ESPAÑOL A TRAVÉS DE LA FOTOGRAFÍA -colectiva- Festival PhotoEspaña. Museo do Traxe (Madrid)
  • 2020: DE BARRO Y LUZ -individual- (Lonxa de Zaragoza). Concello de Zaragoza e Festival PhotoEspaña.[20]

Libros publicados

  • Barcelona Otra Visión (2001). Disparo Editorial. 240 páxs. ISBN 978-84-932211-0-2. Unha colección de imaxes atípicas sobre a Cidade Condal.
  • Close-Up Up-Close: (2002). Disparo Editorial. 136 páxs. ISBN 978-8493221119.
  • Genio y figura. La cultura española en la moda internacional (2005). Sociedad Estatal para Exposiciones Internacionales. 211 páxs. ISBN 978-84-611-0925-8. Tradución de Miren Arzalluz.
  • Liquid (2007). Disparo Editorial. ISBN 9788493221133. un proxecto composto de 20 fotografías sobre a abstracción accidental do cromatismo das anilinas na auga.
  • Test (2009). Disparo Ed. 295 páxs. ISBN 978-84-932211-4-0. Recompilación de 300 fotografías realizadas para conseguir “a fotografía”. Polaroids, contactos, probas de luz, probas de laboratorio etc. constitúen unha colección de imaxes que mostran o proceso creativo do fotógrafo para lograr a imaxe definitiva.
  • Tempo Atopado (2009). Disparo Ed. 120 páxs. ISBN 978-84-932211-5-7. Libro editado con motivo da exposición presentada no Museo Municipal de Ourense. 60 fotografías que plasman 60 resultados do libro "Test".
  • Outumuro Looks. Veinte años fotografiando moda (2010). ISBN 978-84-9850-209-1. Extenso libro de 300 páxinas editado polo Departamento de Cultura de l’Ajuntament de Barcelona, no que se recompilan 250 fotografías de moda realizadas por Outumuro entre 1990 e 2010. A edición está complementada con textos asinados por xornalistas, teóricos e expertos en fotografía e moda, que nutren de argumento e rigorosidade o traballo de Outumuro.
  • Balenciaga (2012). edición especial realizada pola Fundación Cristóbal Balenciaga e Editorial Nerea, no que se recolle o traballo fotográfico realizado por Outumuro, tendo como obxecto os traxes históricos do Museo Cristóbal Balenciaga.[21]
  • Ver o no ver (2012). Editado pola Fundación Ollos do Mundo, o catálogo recompila 50 retratos en branco e negro de rostros coñecidos no mundo do cine, a moda, as artes escénicas, a literatura, o deporte ou a gastronomía tendo todos eles como nexo de unión, a mirada dos seus protagonistas. Exposición solidaria contra a cegueira evitable.[22]
  • Manuel Outumuro, PhotoBolsillo (2015). Colección da Biblioteca de Fotógrafos Españois, publicado por Editorial A Fábrica. Un exemplar que reúne 64 fotografías en branco e negro realizadas entre 1993 e 2014 reflectindo a unión entre arte, retrato e moda.[23] 98 páxs. ISBN 978-84-16248-05-6.
  • El libro de los retratos (2019). Editorial A Fábrica. 352 páxs. ISBN 978-84-17769-08-6. Unha recompilación de 200 retratos disparados nos últimos 25 anos

Notas

  1. "Manuel Outumuro: «La luz que infudimos los fotógrafos no puede anular la luz de cada uno»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-10-23. Consultado o 2022-10-26. 
  2. "Edición del lunes, 04 octubre 2004, página 4 - Hemeroteca - Lavanguardia.es". hemeroteca.lavanguardia.com. Consultado o 2022-10-26. 
  3. Gràffica (2022-10-26). "La fotografía de moda de Manuel Outumuro recibe un premio Lucie". Gràffica (en castelán). Consultado o 2022-10-26. 
  4. "ELMUNDO.ES SUPLEMENTOS MAGAZINE 194 Vestidos dignos de museo". www.elmundo.es. Consultado o 2022-10-26. 
  5. Bootlab; Díaz, Irene. "ESPEJOS DEL ALMA, fotografías de la España de nuestros días". dolcecity-madrid (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26/10/2022. Consultado o 2022-10-26. 
  6. "Marie Claire homenajea al cine en San Sebastián". web.archive.org. 2010-03-29. Archived from the original on 29 de marzo de 2010. Consultado o 2022-10-26. 
  7. "«Outumuro LOOKS. Veinte años fotografiando moda» Disseny Hub Barcelona". web.archive.org. 2010-01-30. Archived from the original on 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 2022-10-26. 
  8. L, M. P. (2010-03-20). "Outumuro, veinte años retratando pasarelas". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2022-10-26. 
  9. "Vari Caramés". web.archive.org. 2010-06-16. Archived from the original on 16 de xuño de 2010. Consultado o 2022-10-26. 
  10. "Museo". cristobalbalenciagamuseoa. [Ligazón morta]
  11. "Page not found Raiña Lupa" (en castelán). Consultado o 2022-10-26. 
  12. "Fundación Ojos del mundo presenta la exposición “Ver o no ver” de Manuel Outumuro , una muestra a favor del Derecho Universal a la Visión". www.casamerica.es (en castelán). Consultado o 2022-10-26. 
  13. "Exhibitions: OUTUMURO. LOOKS (Multimedia Art Museum, Moscow)". Multimedia Art Museum, Moscow. Consultado o 2022-10-26. 
  14. "Descubre". lameva.barcelona.cat. [Ligazón morta]
  15. "A cop d’ull. Cultura visual fotográfica reciente en Barcelona [La Virreina] Centre de la Imatge". web.archive.org. 2015-06-14. Archived from the original on 14 de xuño de 2015. Consultado o 2022-10-26. 
  16. P, E. (2014-05-08). "El Etnográfico mostrará fotografías de Manuel Outumuro". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2022-10-26. 
  17. "Distinción. Un siglo de fotografía de moda". Museu del Disseny de Barcelona (en castelán). 2015-03-30. Consultado o 2022-10-26. 
  18. "Influences: Last Year at Marienbad". Poetic & Chic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-26. 
  19. "Cristóbal Balenciaga | Museo de Arte Moderno" (en inglés). 4 de mayo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 5 de diciembre de 2018. Consultado o 5 de diciembre de 2018. 
  20. Aragón, Heraldo de. "Outumuro expresa en 130 retratos el tránsito de la infancia y el barro hacia la luz definitiva". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2022-10-26. 
  21. Ramírez, CristóBal (2011-05-22). "Balenciaga se hace Museo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-10-26. 
  22. "Manuel Outumuro nos guía por 'Ver o no ver'". www.casamerica.es (en castelán). Consultado o 2022-10-27. 
  23. Press, Europa (2015-04-12). "El fotógrafo Manuel Outomuro, protagonista del nuevo volumen de Photobolsillo". www.europapress.es. Consultado o 2022-10-26. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

2019 Nigerian comedy drama film Love Is WarRelease posterDirected byOmoni OboliScreenplay byChinaza OnuzoProduced by Omoni Oboli Chinaza Onuzo Starring Omoni Oboli Richard Mofe-Damijo Jide Kosoko Akin Lewis Bimbo Manuel Toke Makinwa Shaffy Bello Femi Branch Uzo Osimkpa Yemi Blaq Damilare Kuku William Benson Productioncompanies Inkblot Productions Dioni Visions Release date September 27, 2019 (2019-09-27) (Nigeria) CountryNigeriaLanguageEnglish Love Is War is a 2019 Nigerian...

 

 

Halaman ini berisi artikel tentang film. Untuk kota dengan nama yang sama, lihat Kanchipuram. KanchivaramPosterSutradaraPriyadarshanProduserShailendra SinghBhushan KumarDitulis olehPriyadarshanPemeranPrakash RajShriya ReddyShammuPenata musikM. G. SreekumarSinematograferTirruPenyuntingArun KumarPerusahaanproduksiPercept Picture CompanyFour Frames PicturesTanggal rilis 12 September 2008 (2008-09-12) (Festival Film Internasional Toronto) 13 Maret 2009 (2009-03-13) (India)...

 

 

Ashur-nadin-shumiRaja BabiloniaRaja Babilonia(vassal Kekaisaran Asyur Baru)Berkuasa700–694 SMPendahuluBel-ibniPenerusNergal-ushezibInformasi pribadiKematian694 SMElamAyahSanheribAkkadianAššur-nādin-šumi Ashur-nadin-shumi (Aksara paku Asyur Baru: Aššur-nādin-šumi,[1][2] artinya Asyur memberi sebuah nama)[3] adalah seorang putra dari raja Asyur Baru Sanherib dan mengangkatnya menjadi raja Babilonia, yang memerintah selatan Mesopotamia dari 700 SM sampai ia dita...

Dr. Naijan, S.Pd., M.Pd. Ketua Umum Agupena ke-2 dan 3Masa jabatan2010 – 2020 PendahuluAchjar Chalil, S.Pd.PenggantiPetahana Informasi pribadiLahir28 Agustus 1969 (umur 54)Tangerang, Banten, IndonesiaKebangsaanIndonesiaPartai politiknon-partisanSuami/istriBudi Purwanti, M.Pd.AnakMuhammad Fadhlullah Annisa Noor Ramadhani Muhammad ThalibanTempat tinggal-Alma materUniversitas Negeri Jakarta International Islamic University (IIU) MalaysiaPekerjaanGuru PenulisSitus webhttp://naijan...

 

 

Cari artikel bahasa  Cari berdasarkan kode ISO 639 (Uji coba)  Kolom pencarian ini hanya didukung oleh beberapa antarmuka Halaman bahasa acak Bahasa Arab NajdDituturkan diArab Saudi, Yordania, Kuwait, Irak, SuriahPenutur4,05 juta (2011-2015)[1] Rumpun bahasaAfro-Asia SemitSemit TengahArabSemenanjungBahasa Arab Najd Sistem penulisanAbjad ArabKode bahasaISO 639-3arsGlottolognajd1235[2]QIDQ56574 Status konservasi C10Kategori 10Kategori ini menunjukkan bahwa ba...

 

 

1854 poetry collection by Frances Ellen Watkins Harper Poems on Miscellaneous Subjects is a poetry collection written by Frances Ellen Watkins Harper in 1854.[1] Her non-fiction collection of poems and essays consists of a brief preface followed by a collection of poems and three short writings.[2] Poems on Miscellaneous Subjects sold approximately 12,000 copies in its first four years in print and was reprinted at least twenty times during Harper's lifetime.[3] The wo...

American baseball player (born 1993) Glasnow redirects here. For the Soviet political reform movement, see Glasnost. For the city in Scotland, see Glasgow. Baseball player Tyler GlasnowGlasnow with the Altoona Curve in 2015Los Angeles Dodgers – No. 31PitcherBorn: (1993-08-23) August 23, 1993 (age 30)Newhall, California, U.S.Bats: LeftThrows: RightMLB debutJuly 7, 2016, for the Pittsburgh PiratesMLB statistics (through April 15, 2024)Win–loss record33–28Earned run ave...

 

 

Official ball of 2018 FIFA World Cup Not to be confused with satellites Telstar 18 and Telstar 18V. Telstar 18The Adidas Telstar 18.TypeBallInception2017 (2017)ManufacturerAdidasAvailableYesCurrent supplierForward Sports[1]Last production year2018 The Adidas Telstar 18 was the official match ball of the 2018 FIFA World Cup, which was held in the Russian Federation. It was designed by the company Adidas, a FIFA Partner and FIFA World Cup official match ball supplier since 1970, an...

 

 

Head of the United States Department of Transportation Secretary of Transportation redirects here. For the position of the same name in the Cabinet of the Philippines, see Secretary of Transportation (Philippines). United States Secretary of TransportationSeal of the Department of TransportationFlag of the secretaryIncumbentPete Buttigiegsince February 3, 2021United States Department of TransportationStyleMr. Secretary (informal)The Honorable (formal)Member ofthe United States CabinetRep...

American college basketball season This article is about 2016–17 Pitt men's basketball. For 2016–17 Pitt women's basketball, see 2016–17 Pittsburgh Panthers women's basketball team. 2016–17 Pittsburgh Panthers men's basketballConferenceAtlantic Coast ConferenceRecord16–17 (4–14 ACC)Head coachKevin Stallings (1st season)Assistant coaches Tom Richardson (1st season) Kevin Sutton (1st season) Jeremy Ballard (1st season) Home arenaPetersen Events Center(Capacity: 12,508)Seas...

 

 

Questa voce sull'argomento inventori statunitensi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Lester Allan Pelton Lester Allan Pelton (Vermilion, 5 settembre 1829 – 14 marzo 1908) è stato un inventore statunitense famoso per aver creato la Turbina Pelton.. È considerato uno dei padri dell'energia idroelettrica ed è stato premiato con la Medaglia Elliott Cresson mentre era in vita e recentemente introdotto nella National Inventors Hall of Fame...

 

 

Questa voce sugli argomenti chirurghi e medici francesi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Jean-Louis Petit Jean-Louis Petit (Parigi, 13 marzo 1674 – Parigi, 20 aprile 1750) è stato un chirurgo francese inventore del laccio emostatico. Laureatosi nel 1700, divenne membro dell'Accademia delle scienze nel 1715 e direttore dell'Accademia chirurgica reale nel 1731. È ricordato come uno dei più influenti medici francesi del '700 per i suo...

Державний комітет телебачення і радіомовлення України (Держкомтелерадіо) Приміщення комітетуЗагальна інформаціяКраїна  УкраїнаДата створення 2003Керівне відомство Кабінет Міністрів УкраїниРічний бюджет 1 964 898 500 ₴[1]Голова Олег НаливайкоПідвідомчі ор...

 

 

2016年美國總統選舉 ← 2012 2016年11月8日 2020 → 538個選舉人團席位獲勝需270票民意調查投票率55.7%[1][2] ▲ 0.8 %   获提名人 唐納·川普 希拉莉·克林頓 政党 共和黨 民主党 家鄉州 紐約州 紐約州 竞选搭档 迈克·彭斯 蒂姆·凱恩 选举人票 304[3][4][註 1] 227[5] 胜出州/省 30 + 緬-2 20 + DC 民選得票 62,984,828[6] 65,853,514[6]...

 

 

 本表是動態列表,或許永遠不會完結。歡迎您參考可靠來源來查漏補缺。 潛伏於中華民國國軍中的中共間諜列表收錄根據公開資料來源,曾潛伏於中華民國國軍、被中國共產黨聲稱或承認,或者遭中華民國政府調查審判,為中華人民共和國和中國人民解放軍進行間諜行為的人物。以下列表以現今可查知時間為準,正確的間諜活動或洩漏機密時間可能早於或晚於以下所歸�...

Eden Ben Basat Informasi pribadiTanggal lahir 8 September 1986 (umur 37)Tempat lahir Kiryat Haim, IsraelTinggi 1,85 m (6 ft 1 in)Posisi bermain PenyerangInformasi klubKlub saat ini BrestNomor 9Karier junior Hapoel Haifa Maccabi HaifaKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2003–2007 Maccabi Haifa 21 (4)2007 → Maccabi Herzliya (pinjaman) 9 (0)2007–2008 → Hapoel Haifa (pinjaman) 26 (13)2008 Ironi Kiryat Shmona 13 (2)2009 Hapoel Tel Aviv 9 (1)2009–2011 Hapoel Haifa 60 (...

 

 

Este artículo se refiere o está relacionado con un evento deportivo de fútbol reciente o actualmente en curso. La información de este artículo puede cambiar frecuentemente. Por favor, no agregues datos especulativos y recuerda colocar referencias a fuentes fiables para dar más detalles. Artículo principal: Clasificación de Conmebol para la Copa Mundial de Fútbol de 2026 Argentina?.º puesto Titular(2023) Alternativa(2023) Titular(2024-2025) Alternativa(2024-2025) Datos generale...

 

 

Community college in Sheridan, Wyoming, US This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Sheridan College Wyoming – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2020) (Learn how and when t...

Intelsat V F-3 → Intelsat 503Mission typeCommunicationOperatorCOMSAT / INTELSATCOSPAR ID1981-119A [1]SATCAT no.12994Mission duration7 years (planned) Spacecraft propertiesBusIntelsat VManufacturerFord AerospaceLaunch mass1928 kgDry mass1012 kgDimensions1.66 x 2.1 x 1.77 metresPower1800 watts Start of missionLaunch date15 December 1981,23:35:00 UTCRocketAtlas SLV-3D Centaur-D1AR (AC-55)Launch siteCCAFS, LC-36BContractorGeneral Dynamics End of missionDisposalGraveyard orbitDeactivate...

 

 

Bandar Udara Sultan Ismail PetraLapangan Terbang Sultan Ismail PetraIATA: KBRICAO: WMKCInformasiJenisPublikPemilikMalaysia AirportsPengelolaMalaysia Airports Holdings BerhadMelayaniKota Bharu, Kelantan dan Besut, TerengganuLokasiPengkalan Chepa, Kelantan, MalaysiaZona waktuMST (UTC+08:00)Ketinggian dpl mdplKoordinat6°10′02″N 102°17′32″E / 6.1672560°N 102.2922092°E / 6.1672560; 102.2922092Peta KBR /WMKCLokasi di Pantai Timur MalaysiaTampilkan peta ...