Manuel García Gil, nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) o 4 de maio de 1802 e finado en Zaragoza o 28 de abril de 1881, foi un monxe e prelado galego do século XIX, que actuou activamente no Concilio Vaticano I en 1869 - 1870.
Traxectoria
Fixo estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Lugo, ordenouse como diácono e rexentou algunha parroquias entre elas Montecubeiro. Pero en 1826 ingresou na Orde de San Domingos. En 1853 foi electo bispo de Badaxoz, pasando desde o 23 de decembro de 1858 a presidir o arcebispado de Zaragoza, ministerio que exerceu até a súa morte en 1881.
Entre 1869 e 1870, García Gil estivo presente nas sesións do Concilio Vaticano Primeiro, en Roma, convocado polo papa Pío IX. Alí foi encargado de redactar a bula que decretaba o dogma da infalibilidade papal.
No consistorio do 12 de marzo de 1877, García Gil foi creado cardeal polo papa Pío IX.
Véxase tamén
Bibliografía