Primeira Sesión: celebrada o 8 de decembro de 1869 co Decreto de apertura do Concilio.
Segunda Sesión: celebrada o 6 de xaneiro de 1870 coa Profesión de Fe.
Terceira Sesión: celebrada o 24 de abril de 1870 e que concluÃu coa aprobación da Constitución Dogmática Dei Filius sobre a fe católica.
Cuarta Sesión: celebrada o 18 de xullo de 1870 concluÃndo coa aprobación da Constitución Dogmática Pastor Aeternus sobre a Igrexa de Cristo que declara o dogma da infalibilidade papal.
O concilio tivo que ser suspendido por PÃo IX o 20 de outubro de 1870, despois de consumarse, por plebiscito, a unión a Italia dos Estados Pontificios.
Nun principio non parecÃa necesario un novo concilio para afrontar asuntos non tratados no anterior Concilio de Trento, polo que ó convocar PÃo IX o Concilio Vaticano I obtivo unha reacción maioritaria de sorpresa. A situación do Concilio era distinta á de concilios anteriores, pois neste non predominou o espÃrito reformista do último concilio.