Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936, é un aparellador e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Arquitectura técnica na Escola Politécnica de Barcelona. Foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona (1959-1962) e presidente da Agrupación Cultural O Facho (1966-1979). Exerceu a docencia na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña entre 1975 e 2000. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Galego. Tamén foi conselleiro da Editorial Galaxia (1972-1986) e SEPT (1969-1975), promotor e presidente da Sociedade Cultural Escola Aberta (1978-1986), membro fundador de ADEGA en 1976, da Fundación Castelao en 1983 e das revistas Teima e Tempos Novos, en 1976 e 1997, respectivamente. Colaborou con artigos asiduamente en La Voz de Galicia. Actualmente é membro da Fundación Pedrón de Ouro.
Obras
Ensaio
- Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica. Colectiva, canda Xosé Manuel Rodríguez Pampín, SEPT, 1980
- Sobre Galicia como responsabilidade, Ediciós do Castro, 1988.
- A casa popular, Cadernos do Museo do Pobo Galego, 1999.
- As construccións adxetivas, Cadernos do Museo do Pobo Galego, 1999.
- As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia, 2003, Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.
- Dun tempo e dun país, Laiovento, 2006.
Obras colectivas
Premios
- Premio Antón Losada Diéguez de investigación en 2004, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia.
- Premio da Crítica Galicia de investigación en 2004, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia.
- Premio San Martiño, da Asociación 'O Brado' (A Estrada), no 2004, pola defensa e promoción do idioma galego.
- Premio Pendello de Honra, da Asociación de Amigos dos Pendellos de Agolada, no 2005, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia.
- Premio Moncho Valcarce de Promoción da Terra (A Coruña), no 2008-
- Medalla Manuel Gómez Román, da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda Setestrelo, pola súa contribución a crear no País un clima propicio para a recuperación dos nosos valores arquitectónicos tradicionais, en outubro do 2010.
- Premio Sereo da Cultura Galega outorgado pola Asociación Barbantia, decembro do 2021.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas