Manuel António dos Santos Lourenço era fillo de Manuel António Lourenço e de Maria Alice dos Santos Lourenço.[2] Llicenciouse, en 1963, coa tese A filosofía da matemática de Ludwig Wittgenstein. Entre 1965 e 1968 foi bolseiro da Fundación Calouste Gulbenkian. Fixo os seus estudos posgrao en Oxford (Master of Arts) baixo a orientación de Michael Dummett, durante a cal preparou a antoloxíaO teorema de Gödel e a hipótese do contínuo (F. C. Gulbenkian, 1979) e unha tradución portuguesa das dúas obras clásicas de Ludwig Wittgenstein, Tratado lóxico-filosófico e Investigações filosóficas (F. C. Gulbenkian, 1987).[3]
En 1980, doutorouse na Universidade de Lisboa (en Letras) con Espontaneidade da razão: A analítica conceptual da refutação do empirismo na filosofia de Wittgenstein (editada en 1986 pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda). Ocupou un cargo de Lector de portugués nas Universidade de Oxford (1968-1971) e da California (Santa Bárbara, EUA; 1972-1975), dando aulas despois (1976-1980) na Universidade do Estado da India (EUA) e máis tarde (1983-1984) na Universidade de Innsbruck (Austria). Foi aínda Fellow (1979-1980) no National Humanities Center (Chapel Hill, EUA). Entre 1999 e 2004 presidiu á Sociedade Portuguesa de Filosofía. A súa actividade de ensino foi case exclusivamente cuberta coa divulgación da Filosofía da Matemática e da Lóxica. Foi Director da revista de filosofía Disputatio. Pertenceu tamén á chamada xeración de O Tempo e o Modo, con António Alçada Baptista, João Bénard da Costa, Alberto Vaz da Silva, Pedro Tamen, Nuno Bragança, entre outros, publicando, na revista co mesmo nome, algúns dos seus poemas, ensaios e traducións.[3] As traducións e os libros didácticos de filosofía e Pássaro Paradípsico están asinadas por Manuel Lourenço.[4]
A conxugación desconcertante dun sentido profundamente relixioso do universo e dun vangardismo, próximo a tendencias experimentalistas reveladas os anos 60 e reforzado por un ludismo que se insinúa no gusto polos contrastes, pola sintaxe elíptica, polo insólito, polo antilirismo, e, a nivel formal, pola combinación de xéneros e de fontes, confirma este autor como unha das voces máis orixinais e densas da poesía portuguesa contemporánea.[5]
M. S. Lourenço foi, do seu casamento con Manuela Lourenço (1937-1998), pai da bailarina Catarina Lourenço (1965-) e do helenista, ensaísta e profesor universitario Frederico Lourenço (1963-); e, do casamento con Sylvia Wallinger (1948-), pai de Leonora Wallinger Lourenço (1981-2001).
Tras unha loita prolongada contra o cancro, Manuel S. Lourenço faleceu o día 1 de agosto de 2009, na compañía dos familiares máis próximos.
Obra
Poesía
O desequilibrista (1960). Moraes.
Arte combinatória (1971). Moraes.
Wytham Abbey (1974). Moraes.
Pássaro paradípsico (1979).[6] Perspectivas e Realidades, Lisboa.
Nada brahma (1991). Assírio e Alvim.
O caminho dos Pisões (2009). A obra poético-literaria reunida de M.S. Lourenço (preparada aínda en vida do autor) foi editada por João Dionísio para a Assírio & Alvim.
Narrativa
O doge (1962).[7] Moraes. 1998, nova edición. Co pseudónimo de Alexis-Christian Von Rätselhaft und Gribskov. Colectánea de historias.
Ode a Upsala ou Aria detta la Frescobalda (1964). Moraes. Colectánea de historias.
Ensaio
O homem como planta no Auto da Alma de Gil Vicente (1977).
Os degraus de Parnaso (1991). 2003, 2ª ed. Assírio & Alvim.
James Joyce, Finnegans wake, I, 3 (1968).[9] Publicada unha parte en O Tempo e o Modo.
William & Martha Kneale, O desenvolvimento da lógica (1972). Fundação Calouste Gulbenkian.
Kurt Gödel, O teorema de Gödel e a hipótese do contínuo (1979). Fundação Calouste Gulbenkian. 2009, 2ª ed. revisada.
Ludwig Wittgenstein, Tratado lógico-filosófico, Investigações filosóficas (1987). Fundação Calouste Gulbenkian
Lóxica
Espontaneidade da razão: a analítica conceptual da refutação do empirismo na filosofia de Wittgenstein (1986). Imprensa Nacional Casa da Moeda.
Teoria clássica da dedução (1991). Assírio e Alvim.
A cultura da subtileza: aspectos da filosofia analítica (1995). Gradiva, editado por Desidério Murcho.
Estruturas lógicas de primeira ordem (2003). Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofía e Centro de Filosofía -, as aulas de Mestrado em Filosofía Analítica.
Os elementos do programa de Hilbert (2004). Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofía e Centro de Filosofía -, as aulas de Mestrado em Filosofía Analítica.
Acordar para a lógica matemática (2006).[10] Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofía e Centro de Filosofía -, as aulas de Mestrado em Filosofía Analítica.
Fundamentos da matemática (2008-2009); 13 artigos publicados co pseudónimo 'gribskoff' na enciclopedia online de matemática PlanetMath.
Premios
1991: Os degraus de Parnaso, Prémio D. Dinis da Casa de Mateus.
↑A tradución parcial (a primeira páxina) de Finnegans wake foi publicada na revista O tempo e o modo, nº 57/58, pp. 243-244. M.S. Lourenço aborda dous problemas acerca da tradución de Finnegans Wake: "Finnegans Wake em Português", 1969; in Colóquio/Letras, nr. 23, Jan. 1975 (aqui).
↑O livro contém uma bibliografia comentada pelo autor, "Os meus clássicos".