Manolo González

Modelo:BiografíaManolo González
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Folgoso do Courel, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1988–1996 FC Martinenc
1996–1997 CE Sant Gabriel
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
CF Montañesa
FC Martinenc
Futbol Club Santboià
UDA Gramenet B
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2014 CF Montañesa (en) Traducir
2014–2018 Club de Futbol Badalona
2018–2019 Club Deportivo Ebro
2019–2021 Club de Futbol Badalona
2021–2023 Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva
2023–2024 RCD Espanyol B
2024–   RCD Espanyol Editar o valor en Wikidata

José Manuel González Álvarez, máis coñecido como Manolo González, nado en Folgoso do Courel o 14 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista e adestrador galego-catalán, que dende marzo de 2024 dirixe o Espanyol, na Primeira División.

Traxectoria

Como futbolista

Nacido no concello lucense de Folgoso do Courel, cando contaba con tres anos de idade, a súa familia emigrou a Barcelona, instalándose no distrito de Horta-Guinardó.[1] Comezou a xogar ao fútbol aos oito anos no colexio Dalvi, da rúa Travessera de Gràcia, pero axiña foi fichado polo Martinenc, no que militou dos 9 aos 17 anos. A súa calidade levouno a debutar coa selección catalá sub-15.[1]

Con 17 anos pasou ao Sant Gabriel, de Sant Adrià de Besòs, e máis tarde militou no primeiro equipo do Martinenc, do Gramenet B e do Santboià, antes de ingresar na Montañesa. Xogou dúas campañas no equipo negro e amarelo, ata que un día de 1999 no campo de Nou Barris sufriu unha grave lesión de xeonllo, con rotura de ligamento cruzado anterior, ligamento lateral interior e menisco. Aínda que máis tarde fichou polo Poble Sec, só puido disputar un torneo, acabando a lesión coa súa carreira como futbolista con só 21 anos.[1][2]

Como adestrador

Trala súa retirada emprendeu unha carreira de adestrador, que xa iniciara con 16 anos, dirixindo o equipo infantil do Martinenc, e máis tarde nas categorías inferiores do Sant Gabriel. En 2005 chegou á canteira do Badalona, onde pasou sete anos, tendo que compaxinar os bancos co seu traballo de condutor de autobús urbano.[2]

En 2012 colleu as rendas do primeiro equipo da Montañesa, equipo ao que dirixiu dúas campañas, culminadas coa disputa da promoción de ascenso a Segunda División B na tempada 2013/14, tras rematar na segunda posición, igualando así o mellor resultado histórico do club.[1] Foi nomeado por Radio Marca mellor adestrador de Terceira.

A continuación adestrou durante catro anos o Badalona, na Segunda B, conseguindo bos resultados e un quinto posto como mellor posición final. Na campaña 2016/17, mantivo ao club badalonés na cabeza da clasificación durante case toda a liga, rematando finalmente na quinta posición, a só un punto da promoción.

Para a tempada 2018/19 asinou polo CD Ebro, tamén de Segunda B. Co club aragonés acadou os oitavos de final da Copa do Rei, sendo finalmente eliminado polo Valencia .[3]

En outubro de 2019 volveu ao banco do Badalona, ao que adestrou durante dúas tempadas.[4] Na primeira delas conseguiu eliminar da Copa do Rei primeiro ao Oviedo e logo ao Getafe, equipo este último que ía sétimo na Primeira División e que estaba a disputar a Copa da UEFA.[5] O conxunto de Manolo González derrotou ao de Bordalás por dous goles a cero, antes de caer na seguinte rolda ante o Granada do tamén galego Díego Martínez.

O 7 de xuño de 2021 fichou como adestrador da Peña Deportiva, da Segunda División RFEF. Na súa primeira campaña á fronte do club de Eivisa acadou o terceiro posto da liga, disputando así a promoción de ascenso á Primeira Federación, onde eliminou primeiramente ao Coruxo, antes de caer na final contra o Real Murcia.

O 11 de xullo de 2023 foi presentado como novo adestrador do Espanyol B, do Grupo III da Segunda Federación. Con todo, non chegou a rematar a tempada co filial, pois o 12 de marzo de 2024, tras a destitución de Luis Miguel Ramis, foi elixido pola directiva para adestrar o primeiro equipo do Espanyol, na Segunda División ata o final da tempada.[6] Tres meses despois conseguiu o ascenso a Primeira tras derrotar na promoción ao Sporting de Gijón e o Real Oviedo.[7]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Manolo González: «Es un lujo tener una afición como la de Al Hueco»" (en castelán). 15 de xullo de 2014. Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Manolo González, o adestrador orixinario de Folgoso que subiu ao RCD Espanyol a Primeira División" (en castelán). 9 de xullo de 2024. Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  3. Álvarez, Fernando (30 de outubro de 2018). "Mina frena la crecida del Ebro". Marca. Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  4. "Manolo González, el exconductor de autobús que guía al sorprendente Badalona" (en castelán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  5. "'Badalonazo' al EuroGeta". Marca (en castelán). 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  6. "Manolo González, nou entrenador del RCD Espanyol" (en catalán). 12 de marzo de 2024. Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  7. "Tres minutos mágicos de Puado devuelven al Espanyol a Primera División" (en castelán). 23 de xuño de 2024. Consultado o 8 de outubro de 2024.