Mando Diao é unha banda de garage rock formada en Borlänge, Suecia no ano 1995. O nome da banda provén dun soño de Björn Dixgård. O grupo irrompeu no panorama internacional co seu segundo álbum Hurricane Bar, editado no ano 2004. A súa principal base de seareiros atópase en Suecia, Alemaña e o Xapón, aínda que nos últimos anos estendeuse cara ao oeste de Europa, especialmente cara ao Reino Unido.
Historia
Os inicios da banda están en 1995 cando Björn Dixgård formaba parte dun grupo chamado Butler, sendo o guitarrista e cantante. Os membros desa banda cambiaban continuamente, e moitos deles deixábana temporalmente pero non volvían. Catro anos despois, os que máis intención lle puxeron (Björn Dixgård e o teclista Daniel Häglund) decidiron tomar o proxecto máis seriamente. Björn atopouse con Gustaf Norén, ao cal lle propuxo un novo proxecto musical. Falaron para realizar e reunir letras de cancións escritas por eles, e despois de seis meses de traballo cambiaron o nome do grupo polo de Mando Diao.
Os seus primeiros concertos foron en locais da súa cidade natal, Borlänge, no ano 1999. Un escritor local describiunos como a mellor banda sen contrato que escoitara. A sección de EMI en Suecia interesouse por eles e asinaron un contrato. Ademais incorporaríanse ao grupo o batería Samuel Giers e o baixista Carl Johan Fogelklou.
No ano 2002 editaron o seu primeiro álbum en Suecia, Bring 'Em In, e co primeiro sinxelo "Motown Blood" conseguiron facerse escoitar nese país. No 2003 Daniel Häglund deixou a banda e foi substituído por Mats Björke. Ese mesmo ano o álbum internacionalizouse co sinxelo "Sheepdog", e no 2004 Mando Diao foi considerada unha das mellores bandas novas do ano pola prensa.
O seu segundo álbum, Hurricane Bar, foi lanzado en 2005, e deulles o definitivo impulso internacional, sendo recoñecidos en todo o mundo grazas a este traballo. O seu sinxelo "God Knows" aparecería no videoxogo FIFA 2006 de EA Sports. Nese ano Mando Diao foi abreconcertos na xira da banda The Bravery, xunto co grupo dos Ánxeles The Colour.
No mes de setembro do 2006 apareceu o seu terceiro álbum, Ode to Ochrasy. Ese ano a banda realizazou unha xira polo Xapón e outra por Europa.
A continuación presentaron os traballos Never Seen the Light of Day, aparecido no ano 2007 e Give Me Fire, editado en febreiro do 2009. Este último traballo estreouse en Alemaña, Austria e Suíza no número 1, en Suecia no 2 e en Grecia no 39.[1][2]
Neses anos a banda actuou nos principais festivais europeos, como o Festival de Benicàssim, o Rock am Ring en Alemaña ou o de Reading-Leeds en Inglaterra.
O 2 de setembro do 2010 gravaron un unplugged para a MTV nos Union Film-Studios de Berlín, contando como convidados a Daniel Haglund, Ray Davies, Klaus Voormann, Juliette Lewis e Lana Del Rey. O concerto foi lanzado a finais do ano en CD e DVD co título MTV Unplugged - Above and Beyond. A principios de 2011 o batería Samuel Giers abandonou o grupo.
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs |
- Motown Blood
- Paralyzed
- Mean Street
|
---|
Recompilatorios | |
---|
Sinxelos | |
---|