Macrino

Modelo:BiografíaMacrino

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Opellius Macrinus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento164 Editar o valor en Wikidata
Cherchell (Mauritania Cesariense) Editar o valor en Wikidata
Morte218 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Capadocia, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio
pena de morte Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
11 de abril de 217 – 8 de xuño de 218
← CaracallaHeliogábalo →
Senador romano
Prefecto do pretorio
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, principado e Dinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeNônia Celsa Editar o valor en Wikidata
FillosDiadumeniano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.

Traxectoria

Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada aos xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.

Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Domna, e dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.

O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Domna comeza a intrigar para que nomeasen emperador ao seu sobriño Heliogábalo, de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.

Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exército, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou o abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentou de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois.

Co recoñecemento total de Heliogábalo como emperador voltan de novo os Severos ao poder.

Véxase tamén

Outros artigos

Imperio Romano

Segue a:
Caracalla
Macrino
Precede a:
Heliogábalo
Severos