Luisa Martínez Lorenzo

Modelo:BiografíaLuisa Martínez Lorenzo
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Ceuta, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade das Palmas de Gran Canaria
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga, escritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5017897 Dialnet: 4824968

Luisa Martínez Lorenzo, nada en Ceuta en 1970, é unha bióloga e escritora galega.

Traxectoria

En 1994 licenciouse en Ciencias do Mar pola Universidade das Palmas de Gran Canaria e en 2002 doutorouse pola Universidade de Vigo coa tese Aplicación de modelos bio-ópticos al cálculo de la producción primaria en distintas regiones oceanográficas: Antártida, frente subtropical (región de Azores) y afloramiento de Galicia, dirixida por Francisco Gómez Figueiras. En 2007 redirixiu a súa carreira científica cara á divulgación científica como responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. Dende 2019 dirixe a colección de divulgación científica Lanterna de Aristóteles.

Obras

  • Puf! vaia peido! Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes, 2018.

Obras colectivas

  • A ciencia do mexillón. Ciencias e tecnoloxías mariñas implicadas no cultivo, trasformación e comercialización do mexillón (Mytilus galloprovincialis), 2010.
  • Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, 2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas