Luis Gregorio Ramos Misioné, nado en Lugo o 15 de maio de 1953,[1][2] é un ex-piragüista galego, que competiu na modalidade de augas tranquilas. Foi campión do mundo de K4 1000m en 1975 e participou en tres Xogos Olímpicos (Montreal 1976, Moscova 1980 e Os Ánxeles 1984), logrando dúas medallas, unha prata e un bronce.
Traxectoria
Comezou no remo con 14 anos no club da súa cidade, o Club Fluvial de Lugo.[3]
Gañou oito medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 1975 e 1982, destacando o ouro que logrou en Belgrado en 1975 no K4 1000m, formando equipo con José María Esteban Celorrio, José Ramón López Díaz e Herminio Menéndez.[4] Con ese mesmo equipo participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal. Foron primeiros na súa serie da primeira rolda e tamén nas semifinais, e obtiveron a medalla de prata na final, na que foron superados por menos de tres décimas pola pola embarcación soviética de Sergei Chukhrai, Aleksandr Degtiarev, Iurii Filatov e Vladimir Morozov.[5]
Na seguinte cita olímpica, Moscova 1980, competiu no K-2 1.000 metros xunto con Herminio Menéndez.[6] Gañou a primeira serie e a serie das semifinais, pero na final tivo que conformarse co bronce, ao seren superados de novo pola piragua soviética (con Sergei Chukhrai e Vladimir Parfenovich) e pola húngara (István Szabó e István Joós).[7] Tamén participou nos Xogos de 1984 nos Ánxeles, quedando en 6ª posición do K4 1000 e obtendo un diploma olímpico.
Ademais foi campión de España en 60 ocasións.[3]
Recoñecementos
Palmarés internacional
Xogos Olímpicos
|
Ano
|
Lugar
|
Medalla
|
Competición
|
1976
|
Montreal, Canadá
|
Prata
|
K4 1.000 m
|
1980
|
Moscova, Unión Soviética
|
Bronce
|
K2 1.000 m
|
1984
|
Os Ánxeles, Estados Unidos
|
-
|
K4 1.000 m
|
Campionato Mundial
|
Ano
|
Lugar
|
Medalla
|
Competición
|
1975
|
Belgrado, Iugoslavia
|
Bronce
|
K1 4x500 m
|
1975
|
Belgrado, Iugoslavia
|
Ouro
|
K4 1.000 m[3]
|
1977
|
Sofía, Bulgaria
|
Bronce
|
K4 500 m
|
1977
|
Sofía, Bulgaria
|
Bronce
|
K4 1.000 m
|
1978
|
Belgrado, Iugoslavia
|
Prata
|
K4 500 m
|
1978
|
Belgrado, Iugoslavia
|
Bronce
|
K4 1.000 m
|
1979
|
Duisburgo, Alemaña
|
Bronce
|
K2 1.000 m
|
1982
|
Belgrado, Iugoslavia
|
Bronce
|
K2 1.000 m
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas