O Club Fluvial de Lugo é un club deportivo galego con base na cidade de Lugo, no que se practican deportes como o piragüismo, a natación ou o tríatlon. Atópase a uns 500 metros da Ponte Vella de Lugo e das Termas Romanas, por onde pasa o Camiño Primitivo. Desde o 2002, a contorna onde se atopa o C.Fluvial é Reserva da Biosfera e goza de especial protección.[1] O club chegou a contar con máis de 22.000 beneficiarios, o que supón un cuarto da poboación da cidade de Lugo.[2] No 2023 conta cuns 17 000 socios, o que fai que sexa unha das sociedades con máis socios de Galicia.[3]
Historia
O club nace o 29 de setembro do ano 1935, cando se creou o Centro de Iniciativas y Turismo, aínda que non sería até abril do ano 1957 cando adquiriría o nome actual. O piragüismo foi o primeiro deporte que se practicou no C. Fluvial, o que o converte no club galego máis antigo en practicalo e un dos tres máis antigos de España.[2]
Notas