Sergei Chukhrai

Modelo:BiografíaSergei Chukhrai
Biografía
Nacemento31 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Belogorsk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista, caiaquista Editar o valor en Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacanoa Editar o valor en Wikidata
Participou en
1980canoeing at the 1980 Summer Olympics – men's K-2 1000 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980canoeing at the 1980 Summer Olympics – men's K-2 500 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976canoeing at the 1976 Summer Olympics – men's K-4 1000 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sergei Alekseevich Chukhrai (en ruso: Чухра́й Серге́й Алексе́евич) nado o 31 de maio de 1955 en Belogorsk, Óblast de Amur, é un ex-piragüista soviético, que competía na modalidade de augas tranquilas. Competiu en dous Xogos Olímpicos, nos que gañou tres medallas de ouro: unha en Montreal 1976 (no K-4 1000 m) e dúas en Moscova 1980 (en K-2 500 m e K-2 1000 m).

Gañou ademais nove medallas no Campionato do Mundo de Piragüismo: tres ouros, tres pratas e tres bronces.

Traxectoria

En 1974 entrou na selección nacional da Unión Soviética e ese mesmo ano proclamouse subcampión do mundo no Campionato Mundial celebrado en Cidade de México, onde quedou segundo no K1 4x500 m de remudas, por detrás do equipo romanés.

Dous anos despois competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, nos que participou no K4 1000 m, xunto a Aleksandr Degtiarev, Iurii Filatov e Vladimir Morozov. Foron segundos na primeira serie e primeiros na semifinal. Xa na final, lograron a medalla de ouro ao superar por menos de tres décimas á embarcación española formada por José María Esteban Celorrio, José Ramón López Díaz, Herminio Menéndez e o lucense Luis Gregorio Ramos Misioné.[1]

En 1978 logrou o seu primeiro título mundial, no campionato celebrado en Belgrado. Foi no K2 1000 m, formando parella con Uladzimir Tajnikaŭ. Ao ano seguinte logrou un novo ouro mundial en Duisburgo, xunto a Vladimir Parfenovich no K2 500 m.

En 1980 en Moscova disputou os seus segundos Xogos Olímpicos, participando esta vez en dúas probas, K2 500 e K2 1000, formando parella nas dúas con Parfenovich e logrando o ouro nas dúas.[2] En 1982 sumou o seu terceiro ouro mundial, no K4 10000 m, e en total acumulou nove medallas nos Campionatos do Mundo.

Trala súa retirada foi adestrador da selección soviética e acudiu aos Xogos Olímpicos de 1988 e 1992.

Notas

  1. "Resultados de Montreal 1976" (PDF). la84foundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. "Resultados de Moscova 1980" (PDF). la84foundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 13 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas