Luis González Seara, nado na Mezquita (A Merca) o 7 de xuño de 1936 e finado en Madrid o 23 de abril de 2016, foi un sociólogo e político galego.
Traxectoria
Foi doutor en Ciencias Políticas e secretario xeral do Instituto de la Opinión Pública (1963-1969). Exerceu a docencia como catedrático de Socioloxía na Universidade de Málaga e na Universidade Complutense de Madrid, da que foi decano (1971). Foi un dos fundadores do Partido Social Demócrata de Francisco Fernández Ordóñez e da revista Cambio 16 e de Diario 16. Foi senador pola UCD por Ourense (1977-1979), deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados (1979-1982) tamén pola UCD aínda que o 4 de febreiro de 1982 pasou ao grupo mixto. Foi ministro de Universidades e Investigación (1979-1981). Foi catedrático de socioloxía na Universidade Complutense de Madrid.
Obras
- Opinión pública y comunicación de masas (1968).
- La sociología, aventura dialéctica (1971).
- La década del cambio (1987).
- El poder y la palabra (1995).
- El laberinto de la fortuna (1998).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
2023 | | |
---|
nov. 2019 - | |
---|
abr.-nov. de 2019 | |
---|
2016 - 2019 | |
---|
2015 - 2016 | |
---|
2011 - 2015 | |
---|
2008 - 2011 | |
---|
2004 - 2008 | |
---|
2000 - 2004 | |
---|
1996 - 2000 | |
---|
1993 - 1996 | |
---|
1989 - 1993 | |
---|
1986 - 1989 | |
---|
1982 - 1986 | |
---|
1979 - 1982 | |
---|
1977 - 1979 | |
---|
↓ substituído ↑ substituto |