Farmacéutico, é titular da oficina de farmacia de Leiro dende 1982. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro de Leiro polo Partido Popular de Galicia. Nas municipais de 1995 presentouse á alcaldía encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións (1999, 2003, 2007, 2011) sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (1999-2003 e 2009-2011) e Presidente da Mancomunidade de concellos do Ribeiro dende 2009. Tamén é Presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense (2010-2011).